quitón
quitón
(< grχιτών ‘túnica’)
-
s
m
[INDUM/HIST]
Túnica de liño ou la, longa e sen mangas, que usaban na antiga Grecia.
-
s
m
[ANIMAL]
Nome que reciben os moluscos anfineuros, da clase dos poliplacóforos, de corpo oval e sen saco visceral, cuncha dorsal de oito placas imbricadas en posición diagonal, aparato dixestivo en liña recta, cabeza sen ollos nin tentáculos, e pé como o dos gasterópodos. É mariño e habita sobre rochas calcarias litorais, a pouca profundidade, onde se alimenta de algas.