"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista norteamericano. Coñecido como Chick Corea, está considerado un dos compositores de jazz máis innovadores e influentes do último terzo do s XX. Trasladouse a Nova York, onde coincidiu con figuras do mundo do jazz, como John Coltrane ou Miles Davis. En Boston formou parte da orquestra de Phil Barbozza e, posteriormente, da banda de Mongo Santamaría e do grupo de Willie Bobo. A partir de 1965, colaborou, entre outros, con Herbie Mann, Pete La Roca, Stan Getz, Sarah Vaughan e Miles Davis. Nos anos setenta, xunto con Dave Holland, Barry Altschul e Antony Braxton, creou as formacións Circle e Return to Forever, coa que elaborou unha corrente “electrificada” do jazz, mestura de rock e con raíces na música brasileira, denominada fusión. A finais dos setenta e ao longo dos oitenta compaxinou a súa experiencia en solitario con duetos na compañía de figuras do jazz, como Keith Jarrett, Herbie Hancock ou John McLaughlin; con formacións de músicos, como Joe Henderson,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non se separa das regras, libre de erros ou defectos.
-
-
Que mostra un comportamento cortés e educado.
-
Que actúa segundo as normas morais.
-
-
-
-
Que ou quen corrixe.
-
-
Persoa que corrixe para detectar os erros nun texto e outorga unha cualificación.
-
Persoa que se dedica profesionalmente a corrixir as probas de imprenta.
-
-
Dispositivo que se introduce nun sistema de control retroactivo para compensar a súa inestabilidade ou mellorar o seu transitorio. Actúa mediante a modificación da resposta frecuencial do sistema en bucle aberto ou a través da reforma do lugar xeométrico das raíces. En xeral, está instrumentado por medio de filtros eléctricos (control analóxico) ou con ordenadores (control dixital). Segundo a situación no bucle recibe o nome de corrector en serie (ou en fervenza) ou corrector en paralelo (ou tacométrico). Tamén se denomina regulador, controlador ou ecualizador.
-
Circuíto destinado a modificar a curva de resposta dun aparello ou dispositivo en función da frecuencia. Desta maneira pódense compensar certos efectos prexudiciais e mellorar a resposta nunha ampla marxe de funcionamento.
-
Maxistrado provincial romano da época imperial. Tiña as funcións de manter a orde e vixiar os edificios.
-
Membro da chancelería pontificia, a partir do s XIII, encargado de revisar e corrixir as minutas dos notarios.
-
Superior dun convento da orde dos mínimos.
-
Dispositivo que se aplica aos carburadores para compensar as diferencias de presión atmosférica, producidas pola altura, que poderían afectar ao funcionamento do motor.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Redentor xunto con outro.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Estudiou medicina na facultade de Ciencias de Porto, onde foi catedrático de Antropoloxía dende 1921 e fundador do Instituto de Antropologia. Publicou numerosos libros sobre antropoloxía, arqueoloxía e etnografía, entre os que destacan Antropologia (1915), Da biologia á história (1934) e Antropologia e história (1954). Foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, e da Sociedade de Geografia de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de correr ou correrse.
-
-
Movemento de grandes unidades estruturais orixinado por empuxes tectónicos.
-
corremento de terras
Desprazamento por gravidade dunha masa de terra debido á inestabilidade do noiro sobre o que estaba asentada ou á concorrencia de fenómenos meteorolóxicos ou tectónicos intensos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘aceitado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello para medir a velocidade e a dirección das correntes. O funcionamento dos máis simples baséase na combinación dunha hélice para medir a velocidade e unha peza móbil que orienta o aparello na dirección da corrente e que vai referido a un indicador magnético. Tamén os hai de funcionamento electromagnético. Poden ir combinados con radiotransmisores que permiten comunicar os datos obtidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de corromper ou corromperse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen corrompe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato destinado a cortar un circuíto eléctrico cando a corrente que circula por el sobrepasa un determinado valor durante un certo tempo. Un tipo moi corrente é o de fusible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Alberto García Gallo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Baixo o pseudónimo de Antón de Sirgal, publicou os folletos de poemas Caciquismo en solfa (1923), Recordando tempos con mor de outros tempos (1957) e Os caciques e a “nena”, segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (1966), que contén o diálogo en prosa “Parolas entre Antón de Sirgal e Farruco de Buxergos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro republicano. Desde 1946 actuou como enlace da IVª Agrupación, na que se incorporou en 1948 cando ía ser detido. En xaneiro de 1950, logo da reestruturación do Partido Comunista de España, foi nomeado delegado do Partido na Coruña, onde se dedicou á captación de novos membros. Morreu cando fuxía dunha das redadas que se produciron entre xullo e agosto de 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Logo de estudar dereito en Santiago de Compostela e Madrid emigrou a Arxentina, onde colaborou nos xornais da colectividade galega. Publicou Traición consagrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. Publicou diversas pezas para o público máis novo, como O coleccionista de sombras (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1987, 1990) ou O incrible invento de Solfis, o pianista (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1990, 1994). Outros textos seus son Romance de Bernal o francés (Accésit do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago 1994, 1995); e Un dragón no camiño (historia incrible pero certa, para ser representada por un grupo de faranduleiros a pequenos e grandes, mesturando monicreques e sombras chinesas nunha escenificación deslumbrante e talvez enmeigadora) (1995), finalista do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago no ano 1994. No campo da narrativa publicou Memorias dun río (Premio Barco de Vapor, 1978), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) ou Cázame ese pensamento! (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e biólogo. Doutor en Bioloxía e profesor de Patoloxía Vexetal na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, exerceu o cargo de vicerrector entre 1984 e 1987. Deputado no Parlamento de Galicia na III, IV, e V lexislaturas pola provincia da Coruña (1989-2001) e vicepresidente segundo do Parlamento na IV lexislatura. Membro da executiva nacional galega da UGT, foi asesor executivo do ministerio de Educación, vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE e membro do Comité Federal do PSOE. No eido xornalístico, colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16 e a revista GAM. Escribiu Estudios bioquímicos de la resistencia de las enfermedades fúngicas del castaño e Los socialistas y la universidad (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
curto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe creado por Hugo Pratt que comezou a publicarse a partir de 1967 no primeiro número da revista Sgt. Kirk. A partir de 1970, editou as súas aventuras na revista francesa Pif Gadget. Está considerado como un dos últimos aventureiros románticos do cómic. Trátase dun mariño orixinario de Malta que inicia a súa historia atado a unha cruz de madeira, abandonado nas augas do Pacífico Sur pola súa tripulación, como castigo por ser un pirata demasiado brando.
-
-
Sensación de malestar provocada polo ardor de estómago.
-
Insecto do xénero Gryllotalpa, da orde dos ortópteros, de actividade subterránea, que se alimenta principalmente de raíces e rizomas. Nas terras cultivadas a súa actividade pode afectar ás plantacións.
-