correcto -ta

correcto -ta

(< lat correctu)

  1. adx

    Que non se separa das regras, libre de erros ou defectos.

    Ex: A resolución do problema foi totalmente correcta.

  2. adx
    1. Que mostra un comportamento cortés e educado.

      Ex: A súa forma de recibir os convidados foi correcta desde o principio.

    2. Que actúa segundo as normas morais.

      Ex: Aínda que non esteas de acordo, a actuación do axente foi correcta.

Palabras veciñas

Correchouso | correctio* | correctivo -va | correcto -ta | corrector -ra | corredeira | Corredeira