Correchouso

Correchouso

Río afluente do Támega pola esquerda. Nace nos montes de Correchouso, na serra de San Mamede, no límite entre as parroquias (e concellos) de Rebordechau (Vilar de Barrio) e O Castro de Laza (Laza). O seu curso adopta unha dirección N-SL coa que drena a parroquia do Castro de Laza. Despois vira cara ao SO na confluencia co río Trez, na parroquia de Laza, onde desemboca logo dun percorrido duns 16 km.