"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Indica dúbida ou posibilidade de que algo ocorra ou se realice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Yunnan, China, situada a 100 km ao NL de Kunming, á esquerda do río Nanpan (178.609 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruínas dun antigo centro relixioso xudeu, probablemente esenio, situado a 1 km da ribeira occidental do Mar Morto e a 12 km ao S de Xericó. O establecemento comprendía un gran refectorio, unha sala de escritorio, un taller de tinturaría, dous fornos de cerámica, almacéns e unha torre de defensa. Un acueduto na superficie da terra conducía as augas do torrente veciñas a diversas cisternas. Ao redor das ruínas foron descubertos catro cemiterios. Os denominados rolos de Qumrān ou manuscritos do Mar Morto conteñen non só uns dos manuscritos máis antigos da Biblia coñecidos, senón tamén as regras da comunidade, salmos, comentarios bíblicos, literatura apócrifa e apocalíptica, e outras obras. De carácter sectario, esotérico e escatolóxico, esta literatura revela unha mentalidade semellante á de certos apócrifos do Antigo Testamento e afinidades con algúns libros do Novo Testamento. Escritos a maioría en hebreo, tamén os hai en arameo e grego....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Quneitra, Siria (29.376 h [1967]). Sitúase a 65 km ao S de Damasco, no cruce de camiños de Safed e Haifa. Estivo dúas veces ocupada (1967 e 1973) e finalmente destruírona os exércitos israelís, polo que foi abandonada. No acordo de cesamento do fogo de 1973 foi devolta a Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Siria (1.861 km2; 66.000 h [estim 2002]). A súa capital é Quneitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pregunta (‘onde vas?’) que, segundo a lenda, Pedro, fuxitivo da prisión, dirixiu a Xesús Cristo, aparecido no camiño, ao que respondeu: ‘A Roma, para ser novamente crucificado’. Pedro, avergoñado, volveu a Roma para sufrir alí o martirio. A frase popularizouse pola novela homónima de Henryk Sienkiewicz (1849) e as súas adaptacións cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora francesa. Coñecida como Françoise Sagan, deuse a coñecer sobre todo pola novela Bonjour tristesse (1954). Do resto da súa destacan algunhas pezas teatrais e as novelas De guerre lasse (1985), Un sang d´aquarelle (1987), La soga (1989), Les fauxfuyants (1991), Répliques (1992), Evasion (1993) e Un Chagrin de Passage (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Número mínimo de membros presentes nunha asemblea, necesario para a validez dos acordos que nela se toman. Normalmente fíxase na maioría absoluta, malia que en casos excepcionais pódese establecer un número máis alto de asistentes.

    2. Proporción de votos favorables que requiren un acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo quraxita.

    2. Individuo do pobo quraxita.

    3. Pobo árabe da tribo de Qurayš, que se estableceu na Meca a finais do s V e que acadou gran poder económico e político. A el pertencía Mahoma. A ortodoxia sunnita esixía esta condición para ocupar o califato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político palestino. Coñecido como Abu Ala, ingresou en Al Fatah na década de 1960 e encargouse da dirección económica da Organización para a Liberación de Palestina (OLP). Foi presidente do Consello Nacional Palestino (2000-2003) e en 2003 sucedeu a Ma ḥ mūd Abbas como primeiro ministro, cargo que mantivo tras a morte de Arafat (2004) e a elección de M. Abbas como presidente da ANP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume de 3.083 m de altitude, o máis alto dos montes de Líbano, situado en Líbano Norte, a 20 km ao L de Trípoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole real e nobiliaria de Baixa Nubia (324-565) descuberta e escavada por Walter B. Emery (1931-1934), actualmente cuberta polo lago Nasser, a uns 37 km ao N de Wadi Halfa e na beira dereita do Nilo. Está composta por máis de vinte e dúas tumbas que, xunto coas de Ballana, á outra beira do Nilo, pertencen ao grupo X de Nubia. Construídas con ladrillo e pedra con teito abovedado, dentro dunha fosa de 5 m de fondura, e a miúdo cun certo número de cuartos, estaban cubertas con terra ata formar enormes túmulos. O enxoval, rico e variado, estaba formado por armas, arneses traballados, incensarios, lámpadas de bronce e outros obxectos. Atopouse á beira dun gran número de esqueletos de animais e de persoas, sacrificados en beneficio do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Lesotho (2.916 km2; 151.900 h [estim 1995]). A súa capital é Quthing (5.986 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sirio. Líder do movemento nacionalista durante a época de dominación francesa, foi elixido presidente ao ser proclamada a República de Siria (1943-1949). Volveu ocupar a presidencia desde 1955 ata 1958, ano en que foi constituída a República Árabe Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada na confluencia dos ríos Changshan e Jiangshan, onde forman o río Qu (125.341 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Famoso polos seus za ǧ al, o seu árabe dialectal, con numerosos mozarabismos, é unha fonte moi importante para o coñecemento da fala da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Grava / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO