quo vadis?*
quo vadis?*
[RELIX/LIT]
Pregunta (‘onde vas?’) que, segundo a lenda, Pedro, fuxitivo da prisión, dirixiu a Xesús Cristo, aparecido no camiño, ao que respondeu: ‘A Roma, para ser novamente crucificado’. Pedro, avergoñado, volveu a Roma para sufrir alí o martirio. A frase popularizouse pola novela homónima de Henryk Sienkiewicz (1849) e as súas adaptacións cinematográficas.