"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Planta herbácea robusta, que pertence ao xénero Rheum, da familia das poligonáceas con rizomas grosos, con follas simples e amplas, enteiras ou lobuladas e provistas de ócrea, flores verdosas, abrancazadas ou avermelladas, con seis divisións periantais, dispostas en inflorescencias, e de froitos en núcula valvada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes (1985), foi profesor de debuxo. A partir de 1960 entrou a formar parte de Faro de Vigo, onde traballou como debuxante desde 1968. Colaborou en numerosas publicacións e ilustrou as portadas da colección de libros “O Moucho” (1967-1980); ademais, publicou tres tomos de As aventuras dun neno galego (1985, 1986 e 1988), en colaboración con Xesús Franco e Hidalgo Cuñarro, e a banda deseñada Historia de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador e administrador. En 1550 chegou a Perú e en 1552 a Chile, onde Rodrigo de Quiroga nomeouo o seu tenente xeneral. Acompañou a este na primeira expedición ás terras de Arauco e na conquista de Chiloé, que chamou Nueva Galicia e onde fundou Santiago de Castro (1567). Foi xustiza maior de Arauca e Tucapel e, en 1577, Quiroga nomeouno gobernador do reino, cargo confirmado polo vicerrei en 1581.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das trinta e dúas partes iguais en que está dividida a rosa náutica ou rosa dos ventos.

      2. Ángulo formado pola dirección da proa dunha embarcación co meridiano xeográfico, co magnético ou co da agulla, denominados respectivamente, rumbo real, rumbo magnético e rumbo aparente. O rumbo real é igual ao rumbo aparente máis o abatemento ou corrección total, que é a suma da declinación magnética e da desviación. Denomínase rumbo directo ao rumbo resultante dos diferentes rumbos feitos durante o tempo do cálculo.

      3. Dirección que segue unha embarcación, unha corrente ou a marea.

      4. Orientación dunha construción ou dunha cousa estática, como un peirao ou unha costa.

      5. Buraco que atravesa de lado a lado a obra viva dunha embarcación, a proa ou a popa, cerca, respectivamente, da roda ou co codaste, polo que se pasa un cabo ou un cable na operación de varala ou de levala a terra.

    1. Ángulo que forma a dirección da proa dunha aeronave coa dirección N-S.

    2. Dirección na que se despraza algo ou alguén.

    3. Maneira de acturar ou de desenvolverse dunha persoa ou dun asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 28 de febreiro de 1937. Cesou ese mesmo ano. Subtitulouse “Órgano de Falange Española de las J.O.N.S”. Dirixido por Bartolomé Mostaza e editado nos obradoiros tipográficos de La Zarpa, ofreceu noticias da formación falanxista, un parte oficial de guerra e discursos de Queipo de Llano, sempre cun carácter propagandista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espléndido ou xeneroso no gastar.

    2. Que fachendea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. sabela.

    2. soupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto lituano. Considerado como un dos mellores pivotes europeos, foi campión da URSS co Zalguiris Kaunas (1985-1986 e 1986-1987). Posteriormente xogou no TSKA de Moscova, o Fórum de Valladolid e o Real Madrid, co que gañou dúas Ligas (1993 e 1994) e a Liga Europea (1995). A partir de 1995 xogou na NBA nos Portland Trail Blazers, ata que en 2003 fichou novamente polo Zalguiris Kaunas. Foi campión mundial (1982) e europeo (1985), medalla de ouro en Seúl (1988) coa selección da URSS e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e Atlanta (1996) con Lituania.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Propiedade que teñen moitas substancias de afectar ao órgano do gusto ou aos órganos do gusto e do olfacto.

      2. Sensación que produce unha substancia no órgano do gusto ou nos órganos do gusto e do olfacto. Pódense percibir catro sabores diferentes: amargo, doce, salgado e agre ou ácido.

    1. Impresión ou lembranza que deixa algo no ánimo. 

    2. Conxunto de atributos que definen ou identifican un todo.

    3. Termo que se emprega para distinguir os diferentes quarks ou leptóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer ou beber algo lentamente e coa atención necesaria para percibir con deleite o seu sabor ou outras sensacións agradables.

    2. Apreciar as cousas que agradan recreándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten sabor ou é de sabor agradable.

    2. Que produce deleite e se goza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai sabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha sabotaxe ou actos de sabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Feito de destruír algo voluntariamente para impedir o seu funcionamento.

      2. Técnicas de loita do sindicalismo revolucionario de acción directa, represalia económica ou política, que consiste na destrución ou deterioro dos edificios ou dos materiais dunha empresa e así impedir ou obstaculizar o funcionamento normal do traballo.

      3. Acción militar dirixida para diminuír o potencial bélico e obstaculizar o funcionamento dos servizos dun inimigo interno ou externo.

      1. Acción que se fai co fin de que algo fracase.

      2. Acción que, por motivos políticos, atenta contra a seguridade dos medios públicos de transporte, obstaculiza o funcionamento dos servizos públicos ou leva a cabo actos de destrución, co fin de minar as institucións estatais ou a política dun goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ferro de boca oca e bordos afiados que se emprega para facer buratos en materiais moi duros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nebulosa escura situada na rexión SO da constelación da Cruz do Sur. Está a unha distancia de 170 pc do Sol e ten un diámetro angular duns 4°.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático inglés. De nome John of Holywood, foi autor dun tratado de aritmética e de obras de tipo didáctico. Destaca o seu resumo de astronomía no que recolleu as doutrinas de Ptolomeo e de al-Farġānī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO