rumbo
(< lat rhombu ‘rombo’)
-
s
m
[MAR]
-
Cada unha das trinta e dúas partes iguais en que está dividida a rosa náutica ou rosa dos ventos.
-
Ángulo formado pola dirección da proa dunha embarcación co meridiano xeográfico, co magnético ou co da agulla, denominados respectivamente, rumbo real, rumbo magnético e rumbo aparente. O rumbo real é igual ao rumbo aparente máis o abatemento ou corrección total, que é a suma da declinación magnética e da desviación. Denomínase rumbo directo ao rumbo resultante dos diferentes rumbos feitos durante o tempo do cálculo.
-
Dirección que segue unha embarcación, unha corrente ou a marea.
-
Orientación dunha construción ou dunha cousa estática, como un peirao ou unha costa.
-
Buraco que atravesa de lado a lado a obra viva dunha embarcación, a proa ou a popa, cerca, respectivamente, da roda ou co codaste, polo que se pasa un cabo ou un cable na operación de varala ou de levala a terra.
-
-
s
m
[AERON]
Ángulo que forma a dirección da proa dunha aeronave coa dirección N-S.
-
s
m
Dirección na que se despraza algo ou alguén.
-
s
m
Maneira de acturar ou de desenvolverse dunha persoa ou dun asunto.
Frases feitas
-
A rumbo. Ao chou.
-
Rumbo a. En dirección a.