rumba
(
-
s
f
[MÚS]
Baile afrocubano xurdido cara 1930. De ritmo complexo e compás 2/4 na liña melódica, emprega un baixo que segue o ritmo de habanera e leva un acompañamento de percusión.
-
s
f
[MÚS]
Composición musical, de ritmo binario sincopado, incorporada á música tradicional galega a mediados do s XIX. Ten un ritmo rápido de 2/4 moi sincopado e inclúe, como mínimo, dúas partes. A súa orixe está nas composicións que chegaban a Galicia desde América, especialmente de Cuba, a través dos emigrantes retornados, e que foron adaptadas dando lugar a composicións moi axeitadas para bailar por parellas nas festas e romarías. A rumba galega caracterízase por un papel destacado da percusión, que marca o ritmo sincopado, e se adapta a unha gran variedade de instrumentos, fundamentalmente a gaita, aínda que tamén había rumbas para requinta. As rumbas cantadas e acompañadas de pandeireta son tamén moi habituais na tradición musical galega. Entre as composicións máis populares deste ritmo cómpre destacar a Rumba de Piñeiro, a Rumba de Carcacía ou a Rumba de Vergara.