RUMASA
RUMASA
Nome científico:
[Ruiz-Mateos SA]
Grupo financeiro español que iniciou as súas actividades a partir dos negocios vitivinícolas da familia Ruiz-Mateos na zona de Jerez de la Frontera. Realizou unha notable expansión do seu negocio co boom da década de 1960, cunha ostentosa actividade de compra de empresas, que continuou durante os anos seguintes. O 23 de febreiro de 1983, o goberno presidido por Felipe González acordou a expropiación forzosa por razóns de utilidade pública e interese social e o Tribunal Constitucional aprobou a legalidade do decreto en decembro de 1983. O goberno español acordou o retorno ao sector privado da maioría das empresas expropiadas, e iniciouse un proceso que se deu practicamente por acabado en 1987.