rūm*
rūm*
-
s
m pl
Nome, deformación árabe do grego rhomaniôs, dado polos árabes e polos outros pobos musulmáns aos cristiáns en xeral e, concretamente, aos súbditos do Imperio Romano de Oriente. A Asia Menor bizantina era denominada país dos rūm (rūm-ili) e, de feito, este foi o nome que adoptou, en 1099, o sultanato selxúcida (sultanato dos rūm) de Konya, devastado polos mongois e incorporado ao Imperio Otomán (s XIV).
-
s
m pl
Nome dado no Imperio Otomán aos súbditos gregos de Anatolia e de Europa e, máis concretamente, a toda a poboación da Turquía europea, incluíndo mesmo os territorios de Albania, Macedonia e Tracia, que formaron Rumelia.