rume
rume
(< lat rumen)
s
m
[ZOOL]
Primeiro estómago dos artiodáctilos da suborde dos ruminantes, no que desemboca o esófago e que precede o retículo. Posúe unha importante flora bacteriana anaerobia que permite a dixestión da celulosa. O alimento chega a través do esófago case sen mastigar, e sofre a acción fermentativa das bacterias, para volver á boca, onde é mastigado novamente, volve ao esófago e despois, sen pasar polo rume, vai parar ao retináculo.