"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Escritor e profesor. É autor dos poemarios Paixom e morte dum condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1992) e O tempo demorado nos marmelos (2000). Como narrador publicou Epistolário em catro tempos (1985), As Weissleiver (1987), A fariña das horas (1998) e Ollos negros (2004). Como dramaturgo é autor de A noite das noites (1985, Premio de Teatro Breve da EDG, estreada en 1988), Maternidade (1992), Do goberno bipartito á autovía funeral (estreada en 1992), Amlet, voz e verbo (1999), Mumias no país de Luzetro (2000), Monólogo do fillo triste (2002), O vento da morte (2004) e O miradoiro (2005). Como ensaísta publicou edicións de O marinheiro de F. Pessoa (1985), do Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1989) e La primera luz (2000), e os libros Textos e contextos do teatro galego (1994), Rafael Dieste: a franqueza e o mistério (1995), A Coruña na historia (1999), Manuel Murguía (1999), Manuel Martínez Murguía (1999), Manuel Murguía e Arteixo (2000), Jenaro Marinhas del Valle,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que comprende o estudo das propiedades químicas dos materiais radioactivos e, en particular, o uso de materiais radioactivos en problemas químicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Centrou a súa actividade poética entre 1180 e 1205. Comezou como xograr, pero co tempo foi investido cabaleiro polo marqués Bonifacio di Montferrato (1194). Nas súas 26 composicións amósase como un trobador fácil, elegante e capaz de desenvolverse con acerto nos máis diversos xéneros e esquemas estróficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciado en Dereito (1910), foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Concelleiro de Santiago de Compostela (1931), promoveu o desenvolvemento autonómico de Galicia durante a Segunda República. Foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936). Defendeu a autonomía como forma política porque permitía un control máis directo e efectivo do pobo. Foi decano do Colexio de Avogados compostelán. Escribiu Pluralidad objetiva del delito producida por el mismo sujeto (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catherine de Vivonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma altamente esponxosa ou finamente dividida de níquel que se obtén por tratamento de aliaxe de 50% de aluminio e 50% de níquel, con hidróxido sódico acuoso ao 25%. Emprégase como catalizador de hidroxenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico escocés. Foi profesor na University of Glasgow. Un dos creadores da termodinámica, traballou en diversas máquinas e motores térmicos e ideou o ciclo que leva o seu nome. Estudou tamén o equilibrio dos corpos elásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Andar con dificultade a causa da fatiga ou dunha eiva física.

    2. Funcionar mal unha máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza do carro en forma de forca que se coloca na parte dianteira do chedeiro.

    2. rancallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que está moi delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘militar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. columna.

    2. Parte enteira do talo central das plumas das aves que se prolonga pola cana oca implantada na pel.

      1. Nervio principal dunha folla composta ou dunha fronde de fento.

      2. Eixe principal dunha inflorescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 587 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do hebreo Râhêl ‘año, ovella’. Presenta os hipocorísticos Quel e Queliña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico, esposa de Xacob. Este morou na casa de Labán, servíndoo durante sete anos para casar coa súa filla Raquel, aínda que despois do tempo establecido, Labán, deulle a Lía, irmá de Raquel. Ao cabo dunha semana entregoulle a Raquel, a cambio doutros sete anos de servizo. Como Xacob quería máis a Raquel, Iavé fixo que fose estéril, mentres que Lía concibiu varios fillos. Finalmente, despois de moitos anos Raquel deu a luz a Xosé. Na escolástica é o símbolo da vida contemplativa. A tradición fixo dos fillos de Lía os símbolos dos pegureiros de gando bovino; e os de Raquel, do ovino. A súa festividade celébrase o 2 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada por Antonio Manuel Chaves Cuíña en Vigo en 1996. Declarada de interese galego (1995), ten como obxectivos a preservación e recuperación de xogos e xoguetes antigos entendidos como bens de interese cultural e pedagóxico, favorecer a súa investigación e recuperación e fomentar o seu estudo e divulgación desde unha perspectiva cultural, pedagóxica e lúdica. Promoveu a creación do Museo Castellano-Manchego del Juguete (Mohedas de la Jara, Toledo).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Especie de pa formada por un enreixado de cordas moi tirantes dentro dun marco ovalado de madeira, metal, grafito ou doutros elementos, provisto dun mango que se emprega principalmente para xogar ao tenis e squash.

      2. Xogo de pelota xogado con pa.

    1. Especie de calzado, semellante ao corpo dunha raqueta deportiva, que serve para camiñar pola neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘espiña dorsal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor aguda que se localiza na columna vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de anestesia rexional que consiste en inxectar no espazo subaracnoídeo unha substancia que produce a anestesia do territorio innervado polos nervios raquídeos en contacto con esta substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO