Raquel

Raquel
[RELIX]

Personaxe bíblico, esposa de Xacob. Este morou na casa de Labán, servíndoo durante sete anos para casar coa súa filla Raquel, aínda que despois do tempo establecido, Labán, deulle a Lía, irmá de Raquel. Ao cabo dunha semana entregoulle a Raquel, a cambio doutros sete anos de servizo. Como Xacob quería máis a Raquel, Iavé fixo que fose estéril, mentres que Lía concibiu varios fillos. Finalmente, despois de moitos anos Raquel deu a luz a Xosé. Na escolástica é o símbolo da vida contemplativa. A tradición fixo dos fillos de Lía os símbolos dos pegureiros de gando bovino; e os de Raquel, do ovino. A súa festividade celébrase o 2 de setembro.

Palabras veciñas

raque | Raque | Raquel | Raquel | Raquel Chaves, Fundación | raqueta | raqui(o)-