"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Historiador de arte. Foi secretario de Dionisio Ridruejo no secretariado dos Servicios de Propaganda de Burgos (1937), director do Instituto de España en Londres (1946-1962), agregado cultural na embaixada española (1954-1962) e director do Museo del Prado (1970). Publicou numerosos traballos sobre Goya, Rosales, a pintura española do s XVII e os pintores románticos hispanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico, III marqués de Salisbury. Foi secretario para India nos gabinetes de E. Stanley (1866-1867) e B. Disraeli (1874-1878). Ministro de Asuntos Exteriores e, máis tarde, primeiro ministro en tres ocasións entre 1885 e 1902, orientou a súa acción política cara ao desenvolvemento do Imperio Británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa misteriosa e inaccesible que aparece e desaparece nas augas de Canarias. Para algúns está situada a corenta leguas de La Palma en dirección O, e ao NL de Hierro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo do litoral cantábrico, situado entre a ría de Lieiro e a punta Portela Centoleiro, na parroquia de Lieiro (Cervo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo oriental de Tierra del Fuego, Arxentina, situada no Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor panameño. Coñecido como Tristán Solarte. Exerceu o xornalismo de opinión en La Prensa, polo que foi perseguido durante a ditadura. Da súa obra destacan as novelas El guitarrista (1951) e El ahogado (1957), e o poemario Vienen de lejos (2001), cos que conseguiu o Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró. No campo do ensaio político publicou Noriega y la decapitación de Hugo Spadafora (2002). É membro da Academia de la Lengua panameña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e arquitecto. Realizou estudos de matemáticas e mecánica e en 1747 ingresou no Servicio Real. En 1752 ingresou como alumno libre de arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde obtivo o título en 1758. En 1754 trasladouse a Ferrol para traballar nas obras do Arsenal e en 1762 acadou o cargo de enxeñeiro director. Fixo, entre outras obras, un proxecto de fortificación para a cidade, trazou os planos da igrexa de San Xulián (1762), a ampliación do barrio da Madalena (1762) e unha praza tras a capitanía xeneral (1768). En 1769 deu as trazas da fachada principal da catedral de Lugo. En 1771 trasladouse a Navarra e Aragón e en 1777 instalouse en Cádiz, onde dirixiu o arsenal de La Carraca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomado en audiovisuais, traballou en El Progreso, onde foi redactor xefe e director adxunto. Correspondente de El País en Lugo (1979-1985), cargo que compatibilizou co seu labor en Radio Lugo e Radio Voz, onde foi xefe de informativos (1998), co tempo incorporouse ao Grupo Voz. Director de La Voz de Galicia (1999-2000), director de Proxectos Editoriais (2000) e director de Opinión (2001), publicou en colaboración, La memoria ajena (1993) e Rumbo variable: diálogos en torno al ‘Prestige’ (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. Colaborou en diversas publicacións, como Anthropos, Insula, Cuadernos Hispanoamericanos e Revista de Occidente. Dos seus traballos destacan unha Selección de artículos (1982), de Larra, Palabras tachadas (1988), El silencio y la música (Premio Anxel Fole 1989) e a guía de lectura La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista. Foi catedrático de Historia de España nas universidades de Barcelona (1918), València, Valladolid e Madrid (1925). Membro de Acción Republicana, foi deputado durante a Segunda República e ministro de Estado (1933). Exiliado en Bos Aires (1940), presidiu o goberno da República no exilio (1962-1970). Fundou e dirixiu o Instituto de Historia de España, onde creou os Cuadernos de Historia de España (1944) e en 1957 publicou España. Un enigma histórico, onde combateu as teses de Américo Castro. Regresou definitivamente a España en 1983. Da súa abundante produción destacan Investigaciones sobre historiografía hispana medieval (1967), Miscelánea de estudios históricos (1970), Investigaciones y documentos sobre las instituciones hispanas (1970), Estudios visigodos (1971) e Viejos y nuevos estudios sobre las instituciones medievales españolas (1976). Foi académico da Real Academia de la Historia e correspodente da Real...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VIII.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1185 1211), fillo de Afonso I Henriques. Asinou un tratado cos casteláns e aragoneses (1197), que tivo como consecuencia unha penetración portuguesa en terras do Reino de León, en Tui e Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Especializado en pintura de historia, evolucionou cara a temas realistas. Foi director do Museo del Prado (1873). Das súas obras destacan Episodio de Trafalgar e Alfonso XII, e as decoracións dos teatros Real, Apolo e La Zarzuela de Madrid e o alcázar de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (78.738 h [2001]). É unha cidade dormitorio de Barcelona e un centro industrial moi diversificado en que destaca o sector téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río San Bernabeu en Santa Cruz (O Bolo). Realizada en cantaría no s XVIII, ten un só arco de medio punto apoiado nas rochas. Atópase no antigo camiño de Freixido a Viana.
-
-
-
CABOS
Cabo do SO de Portugal, en Algarve, que constitúe o extremo suroeste da Península Ibérica e de Europa. Diante deste cabo, en 1797, a escuadra británica, mandada por Nelson, derrotou a española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e lexicógrafo. Despois de licenciarse en Enxeñaría (1970), obtivo a licenciatura (1975) e o doutoramento (1981) en Filosofía e Letras. Membro correspondente (1966) e de número (1988) da Euskaltzaindia, preside a súa comisión de lexicografía e dirixe o Anuario del Seminario de Filología Vasca Julio de Urquijo. Nos seus primeiros traballos centrouse na crítica e historia da literatura (Euskal literaturaren historia, 1971), para despois pasar á lingüística e á filoloxía (Contribución al estudo y edición de textos antiguos vascos, 1983). En 1975 a fundación da Caja de Ahorros Provincial de Gipuzkoa encargoulle a redacción dun dicionario normativo. Deste estudo saíu un primeiro borrador (catro fascículos, 1977-1979) e a posterior publicación de Gaur egungo euskararen maiztasun-hiztegia (Dicionario de frecuencias do éuscaro escrito). Nesta época entrou en contacto con K. Mitxelena a quen axudou na preparación do Orotariko euskal hiztegia (Dicionario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante, historiador e cosmógrafo. Explorou con Álvaro de Mendoña o Pacífico Sur (1567-1569) e descubriu as illas Salomón. Explorou o estreito de Magallanes (1579) e en 1584 fundou as cidades de Nombre de Jesús e Rey Don Felipe. Foi o primeiro que empregou a distancia angular do Sol á Lúa para determinar a latitude no mar. Como cartógrafo, sinalou a situación de Australia e determinou as correntes do Pacífico sur. Escribiu, entre outras obras, Relación y derrotero al estrecho de Magallanes e Historia Indica.
VER O DETALLE DO TERMO