Sarasola Errazkin, Ibon

Sarasola Errazkin, Ibon

Enxeñeiro e lexicógrafo. Despois de licenciarse en Enxeñaría (1970), obtivo a licenciatura (1975) e o doutoramento (1981) en Filosofía e Letras. Membro correspondente (1966) e de número (1988) da Euskaltzaindia, preside a súa comisión de lexicografía e dirixe o Anuario del Seminario de Filología Vasca Julio de Urquijo. Nos seus primeiros traballos centrouse na crítica e historia da literatura (Euskal literaturaren historia, 1971), para despois pasar á lingüística e á filoloxía (Contribución al estudo y edición de textos antiguos vascos, 1983). En 1975 a fundación da Caja de Ahorros Provincial de Gipuzkoa encargoulle a redacción dun dicionario normativo. Deste estudo saíu un primeiro borrador (catro fascículos, 1977-1979) e a posterior publicación de Gaur egungo euskararen maiztasun-hiztegia (Dicionario de frecuencias do éuscaro escrito). Nesta época entrou en contacto con K. Mitxelena a quen axudou na preparación do Orotariko euskal hiztegia (Dicionario xeral vasco), que en 1984 pasou a ser o xermolo do proxecto definitivo do dicionario normativo, do que en 1987 se publicou o primeiro volume e, coa morte de Mitxelena, asumiu a dirección do dicionario.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Donostia