"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Mezzosoprano italiana. Despois de formarse en Turín, debutou na Scala de Milán no 1957. Centrouse, sobre todo, no repertorio romántico italiano (Verdi) e francés (Bizet, Saint-Saëns).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. A principios dos anos sesenta emigrou a Francia, onde entrou a formar parte do Partido Comunista. Retornou a Ourense e traballou pola reorganización do partido. Trala súa participación nos sucesos de Castrelo de Miño en 1965 e na organización do Primeiro de Maio, regresou a Francia. No 1969 estableceuse en Lugo e participou na fundación de comisións obreiras (CC OO) e das comisións campesiñas. No período democrático formou parte da executiva do PC galego e foi membro da comisión executiva da federación de pensionistas e xubilados de CC OO.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Historia da Arte, exerceu a docencia como profesor de lingua e literatura no ensino secundario. Colaborador de diversos xornais e revistas (El Correo Gallego, La Región, Faro de Vigo, ABC, Grial e Luces de Galicia), publicou o poemario Revelación (1981) e a colección de relatos O delirio do lume (1985). Foi galardoado co Premio Estafeta Literaria (1976) e co Premio Amantes de Teruel (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras (sección de Pedagoxía) na Universidad Pontificia de Salamanca (1975), onde defendeu unha tese de licenciatura, escrita en galego, sobre a pedagoxía de C. Freinet e a educación popular. Doutourouse en Ciencias da Educación pola Universidad de Salamanca (1982) cunha tese sobre a historia contemporánea da escola primaria en Galicia. Profesor de política e lexislación educativa e historia da educación en Galicia na Universidade de Santiago de Compostela, foi vicedecano da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (1989-1991), director do Instituto de Ciencias da Educación (1992-1994) e decano da facultade de Ciencias da Educación (1997-2001). Estivo vinculado ao movemento estudantil democrático, ao grupo galego de Salamanca e á directiva salmantina da Junta Democrática de España. En Galicia, desde 1976, vinculouse coas correntes progresistas do nacionalismo político e cultural e pertenceu á ANPG e ao POG, e á súa transformación posterior...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor portugués. Cursou estudios de belas artes. A súa pintura é paisaxística e de carácter impresionista. Cómpre salientar, entre outras obras, as estatuas de Enrique o Navegante, no Porto, e do mariscal-duque de Saldanha, en Lisboa. Foi galardoado na Exposición Universal de París de 1889, coa terceira medalla, e na de 1900, coa segunda medalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como O pintor do Berbés, estudiou debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra inspirouse na temática mariñeira e reflectiu, entre outros temas, a lonxa, os estaleiros, as pescantinas, os pescadores, as fábricas de conservas, os naufraxios e os barcos de pesca. A súa pintura é realista e caracterízase polo debuxo e polas cores entornadas en brumas cunha paleta de grises azulados e verdes. Traballou como proxectista na cristalería La Belga e especializouse na realización de vidrieiras artísticas, entre as que destacan Llegada de Colón a América, situada na Estación Marítima de Vigo, e as realizadas na igrexa do Carme (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está en pendente ou en costa.
-
Que é difícil de acadar ou de realizar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
costento.
-
-
Apelido de orixe toponímica procedente do latín custodĭa, que, aplicado á toponimia, designa lugares elevados dende onde se pode vixiar, observar e custodiar algo. Documéntase no século XVIII: “Francisca Costoia” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 156). Variantes gráficas deste apelido motivadas polo efecto castelanizador son Costolla e Costoya.
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha banda de azul, acompañada de dúas flores de lis da mesma cor, unha arriba e outra abaixo. Algunha variante trae, en campo de sinople, unha faixa de ouro, cargada dun losanxe de azul.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido galego Costoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido galego Costoia.
-
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Emigrou a Arxentina, onde ingresou na orde franciscana. Foi mestre de postulantes e profesor de sagrada escritura e linguas orientais en Córdoba, onde fundou o movemento xuvenil Juventud Antoniana. En 1930 foi nomeado vicario capitular de Catamarca e en 1934 formou parte da delegación arxentina no Congreso Eucarístico Internacional. Traballou a prol dos emigrantes galegos na Arxentina, aos que axudaba a encontrar traballo, e foi un gran difusor da cultura galega. En outubro de 1926 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada preto da desembocadura do río Mindanao, no Golfo Moro (127.000 h [1990]). A base da súa economía é a agricultura, que ocupa o 62% da poboación activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo pertencente ao eido da pragmática e da lingüística textual que designa todo o que nun texto propicia a comprensión do receptor, isto é, a sintaxe, a semántica e, en xeral, as relacións fondo-forma que garanten a coherencia e cohesión textual. Oponse ao contexto, que alude á relación establecida entre o texto e o mundo real que lle serve como referente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que é titora xuntamente con outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis alta dun monte con forma cónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que procede da raíz céltica *cott- ‘prominencia, altura rochosa’. Documéntase no século XIV: “Alfonso de Coto” (doc ano 1337 en Enrique Cal Pardo, El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental, 1984, p 262).
-
-
Aplícase ao membro que non está enteiro porque se lle amputou un anaco.
-
Que ou quen ten un dedo ou outro membro mutilado. OBS: Se non se indica o membro enténdese unha man ou un brazo.
-
Parte que queda dun membro que se amputou.
-
Parte do talo dunha planta que despois de cortala queda unida á raíz.
-
Pao pequeno e groso.
-
Cabo dunha candea.
-
Parte da ala das aves na que nacen as plumas.
-
Prominencia que se forma ao flexionar as articulacións dos dedos das mans.
-
-
MONTES
Monte da serra da Toxiza que lles serve de límite ás parroquias (e concellos) de Labrada e Romariz (Abadín), e Mondoñedo e Viloalle (Mondoñedo). O seu cumio acada os 807 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en San Paio de Bóveda de Amoeiro (concello de Amoeiro). Edificada no último terzo do s XVIII, presenta planta en forma de U e cunha torre ameada nunha das coxías. A súa construción relaciónase coa liñaxe dos Nóvoa e Yáñez. Malia a súa reconstrución, conserva unha solaina sobre piares e chemineas monumentais.