2 coto -ta

2 coto -ta

(

  1. adx

    Aplícase ao membro que non está enteiro porque se lle amputou un anaco.

    Ex: Sufriu un accidente laboral e ten un brazo coto.

  2. adx e s

    Que ou quen ten un dedo ou outro membro mutilado. OBS: Se non se indica o membro enténdese unha man ou un brazo.

    Ex: Tras caer coa moto pensou que lle ían quedar dous dedos cotos. Quedou coto despois do grave accidente de coche.

  3. s m

    Parte que queda dun membro que se amputou.

    Ex: Perdera unha man, pero aínda así axudábase para todo co coto do brazo.

  4. s m

    Parte do talo dunha planta que despois de cortala queda unida á raíz.

    Ex: Petou contra un coto do millo e caeu de fociños ó chan. O coto da pereira foise desfacenfo co paso do tempo.

    Sinónimos: cachopa, cachopo, canoto, carocha, cepa, cepeira, cepo, couce.
  5. s m

    Pao pequeno e groso.

    Ex: Xuntou un feixe de cotos no monte.

  6. s m

    Cabo dunha candea.

    Ex: Non topei as candeas grandes, pero trouxen varios cotos.

  7. s m

    Parte da ala das aves na que nacen as plumas.

  8. s m

    Prominencia que se forma ao flexionar as articulacións dos dedos das mans.

    Ex: A artrite tan avanzada marcáballe os cotos das mans.

    Sinónimos: cotelo, cotobelo, cotomelo, nocello, noelo, nortello.

Palabras veciñas

Cotman, John Sell | 1 coto | Coto | 2 coto -ta | Coto Cal | Coto de Martín, casa de | cotoada