"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Normas adoptadas pola ISO para a codificación estándar de documentos electrónicos con independencia do sistema informático empregado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles. Fundada en 1903 por R. W. Maudslay, pechou en 1965.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petroleira estadounidense fundada en 1863 en Cleveland por J. D. Rockefeller. En 1873 asumiu o control da práctica totalidade das refinarías estadounidenses. En 1882 constituíu a Standard Oil Trust, que controlaba a refinación do petróleo e o seu transporte por ferrocarril e oleodutos por todo EE UU. En 1911 foi disolta en virtude das leis antitrust, e as súas actividades repartidas entre 33 filiais, malia que a pesar de todo continuase a actuar como un grupo homoxéneo.
-
ILLAS
Illa do estado de New York, EE UU, que enlaza con Long Island pola Verrazano Narrows Bridge.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Introduciu o daguerrotipo en Alemaña, xunto co seu socio Hermann Biow (1810-1850). En 1842 retrataron as ruínas do distrito de Alster (Hamburgo) despois dun incendio de tres días, o que supuxo a primeira reportaxe fotográfica da historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de política económica que pretende corrixir certos desequilibrios internos da economía dun país, como a inflación, mediante unha contracción no ritmo de crecemento seguida dunha nova reactivación.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Alumno de Lewis Hine (1909) na Ethical Cultura High School, a través del coñeceu a A. Stieglitz. Vinculado á Photo Secession, comezou no pictorialismo e logo evolucionou cara á “fotografía directa” e non figurativa (1915). Tras a Primeira Guerra Mundial alternou o cine, dirixindo a película vangardista Manhattan (1921), coa fotografía de plantas, paisaxes e arquitectura. Publicou The Mexican Portfolio (1940), Un Paese (1954), Tir a Mhurain (1968) e Ghana: An African Portrait (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz cinematográfica. Protagonizou a versión cinematográfica da revista musical Funny Girl (1968, Oscar á mellor actriz), Hello, Dolly! (1969), The Way We Were (1973), A Star is Born (1977) e Nuts (1988), e dirixiu e interpretou Yentl (1983) e The Prince of Tides (1992), ademais de participar nas bandas sonoras de numerosos filmes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e mariño, marqués de Suanzes. Pertenceu ao Corpo de Enxeñeiros da Armada desde 1917. Foi director da Sociedad Española de Construción de Cartagena (1921) e dos estaleiros de construción e da factoría de Ferrol (1927-1934). Foi ministro de Industria e Comercio (1938-1939, 1945-1951) e creou o INI en 1941, do que foi o seu primeiro director durante dúas décadas. Escribiu La Industrialización de España en 1949 (1949). Recibiu o premio de enxeñaría na modalidade de aplicacións técnicas e industriais da Fundación March (1961) e a Medalla de Oro de Madrid (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Félix André Yves Scantrel.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Vallellano. Alcalde de Madrid (1924-1927), redactou o manifesto de Afonso XIII do 23 de xaneiro de 1932. Vicepresidente de Renovación Española (1933), foi deputado entre 1933 e 1935 e en 1936. Conselleiro permanente do Consello de Estado desde 1941, en 1958 accedeu á súa presidencia. Foi ministro de Obras Públicas (1951-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi autor de La llaga (1948), Calle de Echegaray (1950), O acomodador e outras narracións (1969), El agua y el vino (1988), Dios está lejos (1988) e Allariz (1991). En 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e realizador cinematográfico. Estudou dereito en Salamanca e fixo exposicións en Madrid e París. Representante universal da fotografía galega, publicou en Mundo Gráfico, La Nación, Life ou U.S Camera. Correspondente en Xapón (1953) e Galicia (1960), fixo series fotográficas sobre a cultura tradicional e interesouse polo teatro Noh. Como director de fotografía participou en Los Carunchos de Florida (1938), Oro entre barro (1939) ou Malabo (1942). Como director rodou Mariñeiros (1936), documental que non se conserva, e La mujer y el jockey (1939). Publicou 50 fotos de Salamanca (1932), con prólogo de Miguel de Unamuno, Nieve en la Cordillera (1942) e The Life and Death of the Fightin Bull (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e escritor. Catedrático de Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid, foi conselleiro do Tribunal de Cuentas. Membro da American Economic Association e da American Academy of Management, escribiu, no eido da economía, Dicionario terminológico de economía, administración y finanzas (2000) e Capitalismo y multinacionales (2004). Publicou tamén, no eido da etnografía, Luaña. Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega (1979) e A regueifa (1982), ademais do relato O raposo careto (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das cantidades que hai que sumar para obter unha suma.
-
CAPITAIS
Capital do condado metropolitano de Tyne and Wear, Inglaterra, Reino Unido, situada na desembocadura do Wear, no mar do Norte (280.807 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título inglés concedido en 1643 a Henry Spencer (?1643), terceiro barón Spencer. Foi sucedido polo seu fillo Robert Spencer e este polo seu, Charles Spencer, cuxos descendentes e sucesores foron os Spencer-Churchill, duques de Marlborough.
-
DISTRITOS
Distrito de Islandia (25.214 km2; 20.839 h [estim 1999]). A súa capital é Selfoss (4.470 h [estim 1999]).
VER O DETALLE DO TERMO