Standard Oil Company
Standard Oil Company
Empresa petroleira estadounidense fundada en 1863 en Cleveland por J. D. Rockefeller. En 1873 asumiu o control da práctica totalidade das refinarías estadounidenses. En 1882 constituíu a Standard Oil Trust, que controlaba a refinación do petróleo e o seu transporte por ferrocarril e oleodutos por todo EE UU. En 1911 foi disolta en virtude das leis antitrust, e as súas actividades repartidas entre 33 filiais, malia que a pesar de todo continuase a actuar como un grupo homoxéneo.