Standard Eléctrica SA
Standard Eléctrica SA
Empresa española fundada en Madrid en 1926 como filial de ITT. O seu obxectivo é a fabricación e venda de toda clase de elementos de telefonía e transmisión. Tivo un papel destacado na aplicación e automatización da rede telefónica en toda España e fixo da Compañía Telefónica un dos seus primeiros clientes. En 1987 pasou ao control de Alcatel NV, empresa constituída pola Compagnie Générale d’Électricité e ITT.