Stampa, La
Stampa, La
[PUBLIC]
Xornal político italiano editado en Turín. Apareceu en 1895 por transformación da segunda Gazzetta Piemontese. De tendencia liberal, foi contrario (1915) á intervención de Italia na Primeira Guerra Mundial. En 1926 pasou a mans fascistas. Suspendido tras a liberación (1945), reapareceu co nome de Nuova Stampa.