Stanhope, James
Stanhope, James
Militar e político, conde de Stanhope. Estudou en Oxford, pero decantouse pola carreira militar. Ascendido a xeneral, conquistou a illa de Menorca para Inglaterra (1708) e chegou a xeneral en xefe das forzas inglesas. En 1710 emprendeu unha campaña vitoriosa, xunto ao xeneral austríaco Starhemberg, e a súa vitoria en Almenara permitiulle ao arquiduque Carlos de Austria reconquistar Aragón. Foi secretario de estado de Xurxo I (1714) e membro do consello real. Interveu na formación da Tripla (1717) e Cuádrupla Alianza (1718).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Londres