"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Acción e efecto de aplanar.
-
Asentimento á demanda.
-
Unidade morfolóxica do relevo, desenvolvida en altitude, que se caracteriza polo predominio da horizontalidade fronte ás serras e ás depresións. En Galicia as superficies de aplanamento orixináronse como consecuencia do proceso erosivo sufrido polo zócolo máis antigo do país. Correspóndense coa denominada Superficie fundamental de Galicia, que aumenta en altitude a medida que nos encamiñamos cara ao S do Miño-Sil, situándose a cota máis baixa nos 100/200 m e a máis alta en 1.700 m.
-
-
-
Facer plana a superficie dunha cousa, quitando as desigualdades.
-
Superar os obstáculos, as dificultades, que se opoñen á realización dunha cousa.
-
Abater a alguén facendo que perda a ilusión e o ánimo.
-
-
Encher unha superficie para facela plana.
-
aplanar as bóvedas
Encher as xuntas do teito con materiais lixeiros e de pouca consistencia para obter unha superficie superior plana, a punto para colocar alí o mosaico.
-
aplanar os cimentos
Encher con material todas as desigualdades dos cimentos para poder comezar a colocar en fileiras ben horizontais o arrinque das paredes.
-
-
Aceptar o demandado os feitos ou parte dos feitos da demanda do actor, sen reservas nin condicións.
-
-
-
-
Dise do sistema óptico central, estigmático para unha parella de puntos A, A’, situados sobre do eixe, que é tamén estigmático para a parella de puntos B, B’, infinitamente próximos, respectivamente, a A e A’ e situados en planos normais ao eixe en A e A’.
-
superficies aplanéticas
Nun sistema óptico, lugar xeométrico dos puntos de incidencia cando o ángulo û formado polos raios incidentes co eixe principal varía de xeito que se mantén a condición de aplanetismo entre A e A’.
-
-
Que presenta aplanosporas.
-
-
-
Propiedade dos sistemas aplanéticos.
-
Relación que debe cumprir un sistema óptico para que sexa aplanético. Chámaselle tamén condición do seno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gameto non ciliado propio das algas conxugadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fecundación realizada por aplanogametos. É característica de certos grupos de algas, especialmente rodófitas, e ten lugar ao azar sen intervención de atracción quimiotáctica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espora asexual e inmóbil provista dunha cuberta dura protectora.
-
-
Relativo ou pertence aos aplousobranquiados.
-
Individuo da orde dos aplousobranquiados.
-
Orde de ascidiáceos integrados por animais procordados, que teñen o corpo alongado e dividido en dúas ou tres partes. Son coloniais. Reprodúcense sexualmente ou de foma asexual por xemación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría lóxica dos enunciados apofánticos. A lóxica aristotélica consideraba que a forma esencial do pensamento era a atribución dun predicado a un suxeito, do que resulta unha proposición verdadeira ou falsa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado por Aristóteles para cualificar, entre os enunciados verbais que teñen sentido, aqueles que poden ser verdadeiros ou falsos, a diferenza das exclamacións, os rogos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.
-
PERSOEIRO
Primeiro bispo de Ravenna, cidade á que, segundo a lenda, chegara na compaña de san Pedro e no seu mesmo porto foi martirizado ata a morte (200). Atribúenselle moitos milagres, como a curación dun cativo cego e a exorcización dun poseso. O primeiro en lle dar tratamento de mártir foi Pedro Crisólego (432-452). A súa veneración foi exaltada especialmente por Xustiniano, dedicándolle dúas basílicas. Pertence ao s VII unha Passio sancti Apollinaris, totalmente apócrifa. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada no 1803 polo ilustrado Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, cóengo do cabido compostelán, na que se defende a autenticidade histórica da Batalla de Clavijo como alicerce que fornece a Igrexa compostelá do dereito á percepción do Voto de Santiago, mediante o cal esta se vencellaba á Coroa. Forma parte do grupo de publicacións que entre finais do s XVIII e principios do XIX respostan a aqueloutras que, co mesmo afán por atopar xustificación nos datos históricos, opóñense ao tal voto dende os círculos apoloxéticos que proliferan na época.
-
PERSOEIRO
Gramático grego, o máis importante da súa época, coñecido polo alcume o Díscolo, ou sexa ‘o difícil’, por mor da súa escuridade (motivada en gran parte pola súa pésima linguaxe, chea de solecismos e anacolutos). Consérvanse del catro libros: Pronome, Conxunción, Adverbio e Sintaxe. Foi o que impuxo o termo de sintaxe para designar a teoría da construción do discurso.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo neopitagórico, presunto autor dunha Vida de Pitágoras e do tratado Iniciación e sacrificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e sacerdote italiano. Fundou os primeiros asilos infantís italianos en Cremona: un para nenos de acomodada posición social (1827) e outro para os de recursos máis limitados (1828). Escribiu Elementi da pedagogia (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que aposta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de poemas transmitidos baixo o nome de Virxilio. A denominación aparece por vez primeira na edición da escolma feita por I. I. Scaliger (1573). A paternidade virxiliana da recompilación foi recoñecida pola Antigüidade e o Medievo. Poucos cren hoxe na autenticidade de todo o libro: sen dúbida só son virxilianos uns cantos epígrafes (2, 4, 5, 8 e 11); a maioría de textos restantes deberon ser escritos entre os ss I e II d C.
-
PERSOEIRO
Pasteleiro francés. No ano 1809 gañou o premio de doce mil francos ofrecido por Napoleón a quen solucionase o problema da conservación dos alimentos para os seus exércitos, e no 1810 publicou o resultado dos seus traballos. Ao establecer que un tratamento térmico axeitado nun recipiente hermético é un metodo seguro para a conservación dos alimentos asentou as bases da industria conserveira. As bases teóricas do seu sistema non foron comprendidas dun xeito coherente ata anos máis tarde, para o que foron fundamentais as contribucións de Pasteur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eppan An Der Weinstrasse.