aplanético -ca

aplanético -ca

(< gr ἀπλανής ‘non suxeito a erro, que non se desvia,fixo, estable’ + -τικός ‘relativo a’)

  1. [FÍS]
    1. adx

      Dise do sistema óptico central, estigmático para unha parella de puntos A, A’, situados sobre do eixe, que é tamén estigmático para a parella de puntos B, B’, infinitamente próximos, respectivamente, a A e A’ e situados en planos normais ao eixe en A e A’.

    2. superficies aplanéticas

      Nun sistema óptico, lugar xeométrico dos puntos de incidencia cando o ángulo û formado polos raios incidentes co eixe principal varía de xeito que se mantén a condición de aplanetismo entre A e A’.

  2. adx [BOT]

    Que presenta aplanosporas.

Palabras veciñas

aplanador -ra | aplanamento | aplanar | aplanético -ca | aplanetismo | aplanogameto | aplanogamia