"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Revolucionario. Partidario das ideas da Revolución Francesa, en 1791, foi secretario da Sociedade dos Irlandeses Unidos en Dublín e tivo que exiliarse. Enviado polo goberno francés a Irlanda cun exército contra os ingleses, desembarcou nas illas Rutlan en 1798. Fracasada a expedición, fuxiu a Hamburgo onde, un ano máis tarde, foi detido e entregado aos ingleses, que o condenaron a morte. Foi indultado polas xestións do goberno francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Diplomático de carreira e deputado desde 1914, foi conselleiro de Clemenceau para os asuntos de política exterior. Ministro con Poincaré (1926-1929), foi presidente do Consello (1929-1930, 1932). Volveu ser ministro noutras ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e literato italiano. Formouse nas universidades de Boloña, Pisa e Ferrara. A súa obra principal, La secchia rapita (1622), é un poema heroico-burlesco en doce cantos, escrito en oitavas, que ten como argumento a guerra entre os habitantes de Modena e Boloña pola posesión dun cubo de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. A partir da década de 1970 desenvolveu unha obra baseada no estudo da historia e do cotián. Da súa filmografía destacan Que la fête commence! (1974), Le juge et l’assassin (1975), Un coup de torchon (1981), Un dimanche à la campagne (1984), Round Midnight (1986), Daddy Nostalgie (1990), L-627 (1992), L’âppat (1995, Goldener Bär no Festival de Berlín), Capitaine Conan (1996) e Holy Lola (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ser ou a actuación que é á vez divina e humana, especialmente a Xesús Cristo e a todos os seus actos. A palabra foi creada polo Pseudo-Denís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi membro e presidente (1870-1871) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu La terapéutica que se impone (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cedeira. Construída en estilo gótico-barroco durante os ss XVI-XVIII, da anterior igrexa só conserva unha porta no muro N e as pinturas murais, que representan o martirio do santo, tapadas en parte polo retablo barroco. No exterior, destaca a torre campanario do s XVIII de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cuberta cunha cúpula rematada en pináculo. Nas súas inmediacións celébrase unha romaría o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Accionamento a distancia dun mecanismo, dunha máquina ou dun vehículo, que se pode efectuar a través de enlaces mecánicos, con cables ou fíos eléctricos, mediante ondas radioeléctricas ou infravermellas e tamén por sistemas pneumáticos ou hidráulicos.

    2. Mando a distancia dun aparato, dun sistema ou dunha máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado ao NO de Birmingham (290 km2; 158.525 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1932 secundou ao xeneral Sanjurjo e foi desterrado ao Sáhara español. Amnistiado, mandou o primeiro terzo da Legión. Ao remate da Guerra Civil foi gobernador militar de Lugo. En 1943 foi separado do exército e, acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai, foi confinado en Albacete e Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, V duque de Osuna e duque consorte de Uceda, marqués de Peñafiel e marqués consorte de Frómista, conde de Ureña. Loitou en Portugal (1657-1664), pero desprestixiouse coa derrota de Castelo Rodrigo de 1664. Foi gobernador de Milán (1670-1674).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Pertenceu á Inquisición de Toledo ata 1543 e foi destinado ao Consello de Indias, que presidiu (1564). Visitador do vicerrei (1544-1547) en Nueva España, promulgou as Leis Novas contra os encomendeiros. En España ocupou as chancelarías de Granada (1557) e Valladolid (1559), e os bispados de Osma (1567) e Plasencia (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Alexandría (385-412). Propugnou sen escrúpulos o predominio da sé alexandrina en Oriente e foi un adversario violento dos pagáns e dos oroxenistas. Acusou a Xoán Crisóstomo de selo e, en 403, conseguiu que fose deposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comentarista grego do período alexandrino. Crese que foi o último científico encargado do Museo de Alexandría. Escribiu uns comentarios á obra de Ptolomeo e unha edición comentada dos Elementos e da Óptica de Euclides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e citarista. A tradición fíxoo o primeiro gañador do concurso musical das festas de Apolo en Esparta (676). Atribúeselle a introdución do heptacordo e a organización do nomos citaródico en sete partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dúas centrais nucleares de Harrisburg, Pennsylvania, con reactores PWR en funcionamento desde 1974 e en 1976, que a consecuencia dun aparatoso accidente sufrido en 1979, foron pechadas.

    VER O DETALLE DO TERMO