Tandy, James Napper
Tandy, James Napper
Revolucionario. Partidario das ideas da Revolución Francesa, en 1791, foi secretario da Sociedade dos Irlandeses Unidos en Dublín e tivo que exiliarse. Enviado polo goberno francés a Irlanda cun exército contra os ingleses, desembarcou nas illas Rutlan en 1798. Fracasada a expedición, fuxiu a Hamburgo onde, un ano máis tarde, foi detido e entregado aos ingleses, que o condenaron a morte. Foi indultado polas xestións do goberno francés.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dublín -
Deceso
Lugar : Bordeos