"Aso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 411.

  • Construción situada en Brión. Data do s XIV aínda que sufriu importantes reformas no s XVII. Ten planta rectangular alongada e está realizado en cantaría e cachotaría. Destaca a escaleira con patín e a terraza sobre un corpo abovedado. O recinto está amurallado e o acceso a el realízase a través dun portal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Ten dous corpos en forma de ángulo, o máis estreito acolle as cortes e no máis ancho e alto ten unha escaleira perpendicular á fachada que dá acceso a un piso alto. Conserva unha pedra de armas que alude aos Ramos, Aguiar e Paredes. Conserva a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de traspasar.

      1. Cesión que se lle fai a alguén dun dereito, obriga, aluger ou propiedade.

      2. enda dun local de negocio, sen existencias, feita polo arrendatario a unha terceira persoa, que se subroga nos dereitos e nas obrigas xurdidas do arrendamento.

    2. Cantidade de diñeiro que se recibe pola cesión dun dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ibración da natureza do son, é dicir, composta de ondas mecánicas lonxitudinais, pero dunha frecuencia superior á máxima audible, que é de 20.000 Hz para o oído humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ultrasón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asalo doutro vasalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calquera recipiente de metal, arxila, vidro ou madeira de forma variada, con asas ou sen elas, destinado a diversos usos, especialmente para beber. No Oriente Próximo atopáronse vasos de pedra e, a partir do V milenio a C, apareceron (en Nínive e Susa) de arxila, con motivos xeométricos. En Mesopotamia realizáronse con metais nobres e en Exipto con diversos materiais. A cerámica foi o material empregado na India e en China, onde durante a dinastía Han se fixeron vasos cun material procedente da porcelana. A arte grega desenvolveu unha variada produción de vasos, desde as antigas culturas cretenses e micénicas ata os vasos xónicos de figuras negras sobre fondo branco, e os áticos de figuras negras sobre fondo vermello e de figuras vermellas sobre fondo negro. Grecia ofrecía tamén unha ampla gama de formas (cráter, cáliz, hidra ou lékythos). Os vasos etruscos presentan, entre outras, formas de peixe con cabeza humana. Roma continuou coas formas gregas e empregou os metais e o vidro....

      2. Líquido que cabe neste recipiente.

    1. Recipiente máis estreito na boca e na base ca no centro que se emprega como adorno e para conter flores.

    2. Conduto por onde circulan os líquidos do corpo, especialmente o sangue, a linfa e o quilo.

    3. Calquera célula condutora morta, alongada, de sección redonda ou poligonal, e con paredes grosas e lignificadas cuxa función é a de transportar auga ou disolucións salinas.

      1. Atributo aplicado á Virxe, recollido na ladaíña lauretana.

      2. vaso de elección

        Suxeito escollido especialmente por Deus para un ministerio singular. Aplícaselle por antonomasia ao apóstolo Paulo.

    4. Corpo de capitel corintio en forma de copa.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a constrición dos vasos.

    2. Fármaco que provoca vasoconstrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do calibre dos vasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce dilatación vascular.

    2. Fármaco que produce vasodilatación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que está formado por un pau que ten nun extremo un pequeno feixe de xestas, de ramas de diferentes plantas ou de fibras sintéticas, que se usa para varrer.

    2. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘brocha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado ou recibido cunha vasoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce a contracción ou a dilatación dos vasos.

    2. Axente ou nervio que facilita a dilatación ou a contracción dos vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona que é segregada polo hipotálamo e se acumula no lóbulo posterior da hipófise. A súa acción é a de aumentar a presión sanguínea e inhibir a diurese. OBS: Tamén se denomina hormona antidiurética ou pitresina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado na Península Ibérica como o primeiro poeta humanista en lingua vulgar, formou parte da corte do Emperador Carlos I desde 1520. O seu desterro e estadía en Nápoles (1532-1535) foron fundamentais para a súa formación intelectual. A súa breve obra poética foi publicada polo seu amigo Juan Boscán en Las obras de Boscán y Garcilaso (1543). Máis adiante, os seus editores e comentaristas, Sánchez de Las Brozas e F. de Herrar, engadiron algúns poemas inéditos. Consta en total de oito cancións de metro curto, 38 sonetos, cinco cancións, dúas elexías, unha epístola a Boscán, tres églogas e tres odas latinas. As fontes principais son os clásicos, como Virxilio e Horacio, e outros autores modernos, como Ausiàs March, Ariosto, Sannazaro e, sobre todo, Petrarca. Incorporou dunha maneira definitiva o decasílabo xunto coas formas estróficas onde interveñen novos contidos e unha nova linguaxe poética. Introduciu na lírica as novas concepcións neoplatónicas sobre o mundo e así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Inca (Cuzco 12.4.1539 - Córdoba, Andalucía 24.4. 1616) Escritor e historiador. Cursou a carreira militar e participou na represión dos mouriscos en Granada. Das súas obras destacan La Florida del Inca (1605), Comentarios Reales (1609) e Historia general del Perú (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO