"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio vectorial normado completo que está definido por unha norma pola que toda sucesión de Cauchy converxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado na literatura económica e xeográfica para designar o espazo europeo máis desenvolvido industrial e economicamente. Abrangue un polígono en forma de banana que ten o seu vértice setentrional no SL de Inglaterra (na área do Gran Londres) e se estende polo S ata o N de Italia (Milán-Turín), pasando polo BENELUX, o occidente de Alemaña e a rexión de París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Roma en 1913 baixo o nome de Istituto Nazionale di Credito per la Cooperazione. Cambiou a súa denominación en 1927 pola de Banco Nazionale del Lavoro e della Cooperazione e dous anos máis tarde polo actual. En 1939 absorbeu a Banca delle Marche e degli Abruzzi (gran banca rexional).
-
-
Movemento brusco dunha embarcación ao balancearse violentamente dun lado a outro.
-
Calquera golpe que pon en perigo o equilibrio dun corpo en movemento.
-
Cambio súpeto de opinión ou de comportamento.
-
-
GALICIA
Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Entre 1932 e 1965 foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Interveu na ordenación urbanística da cidade compostelá como nos xardíns da Alameda e na rúa San Francisco. A súa proposta arquitectónica participa do Racionalismo, sobre todo na concepción da planta dos seus edificios (nº 14 da rúa Doutor Teixeiro de Santiago, 1945). Tamén interveu no patrimonio histórico santiagués, adiantando propostas que despois tiveron certa continuidade (nº 11 da rúa do Vilar).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción pacega na que Emilia Pardo Bazán situou os escenarios da novela El cisne de Vilamorta (1855). Neste pazo pasaba algunhas temporadas xa que o seu marido pertencía á familia dos Quiroga, propietaria do pazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Santa María de Castro (Miño). Recibe tamén o nome de pazo de Leiro. Foi reformado en 1981. A fachada está revocada, sobre a entrada, constituída por un muro de cantería no que sobresae o balcón. O brasón principal está dividido en oito cuarteis coas armas dos Andrade, Bermúdez, Castro, Figueroa, Moscoso Santiso, Soutomaior e Vilardefrancos. Conserva a capela pero moi afectada por unha vivenda construída á súa beira.
-
PERSOEIRO
Economista. Licenciado en Dereito pola Universidad CEU San Pablo (Madrid), centrou inicialmente a súa actividade nos investimentos en metais e outras materias primas, para logo dedicarse a sociedades de valores no Banco Hispano Americano nos anos 80 e no Grupo Banco Popular Español nos 90. Ademais da súa actividade financeira, publicou dúas novelas (Bucoleón e Traficantes, soñadores y náufragos) participou no programa Visión Global de Radio Intereconomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fita ou correa coa que se ata o liño ou estopa á roca para logo fiar.
-
ext Cordel ou fita delgada que serve para atar ou suxeitar algunha cousa.
-
Trampa feita con fíos ou lazos para cazar animais no monte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monte comunal ou aberto ao uso de todos os veciños dunha parroquia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Manzaneda. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Barcela, Barcelada, Bárcena, Barcía, Barcial e Barxa. As súas armas levan, en campo de azul, un barazal de sinople.
-
-
Fita coa que se prende o liño ou a la na roca para fiar. SIN: baraza.
-
Corda ou fita que serve para prender unha cousa. SIN: baraza, cinta, cordel, fita.
-
Soga utilizada para aforcarse.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Xefe de goberno ao inicio da Segunda Guerra Mundial, declarou a guerra á URSS (1941), forzado por Alemaña. Foi executado no 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación de dimensións variables, sen orla nin vela e, moi a miúdo, sen motor, que se emprega para a carga ou descarga de barcos fondeados, para o transporte en alta mar de certas mercadorías, para os servicios portuarios ou para o transporte fluvial de mercadorías. As barcazas sen motor remólcanse ou impúlsanse coa axuda doutra embarcación.
-
GALICIA
Pintor. Foi o fundador do grupo pictórico Ancla (1974), do que foi elixido secretario xeral en 1995. Realizou exposicións individuais e participou noutras de carácter colectivo en Galicia e en diversas cidades de España, Portugal e Francia. Escribiu unha monografía sobre Julio Argüelles, editou o Directorio de Académicos 1996 da Real Academia de Belas Artes de Galicia e Un museo para Ferrol, e coordinou Ferrolanos hoy: el barítono Julio Barcón (1996). Así mesmo, fundou e dirixiu as revistas Arte Galicia (1979) e Poesía Galicia (1981). Foi galardoado, entre outros premios, coa medalla de prata do I Salón Militar de Pintura (1981) e co II premio de Pintura Isaac Díaz Pardo (1989). É membro da Asociación Española de Críticos de Arte (1982), da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1994) e da Real Academia Galega de Belas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político. Ostentou diversos cargos diplomáticos en Florencia (1795), Viena (1800), Lisboa, etc. Secretario nas Cortes de Cádiz, no 1821, foi ministro de Estado e Presidente do Goberno (18.8.1837-16.12.1837), ao rexeitar o cargo Espartero. É autor de Cuestiones de Estado e Historia de las relaciones diplomáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano, máis coñecido por Iacopo Berengario da Carpi. Considérase unha das grandes figuras do renacemento da Anatomía. Estudiou a anatomía do cerebelo e describiu por primeira vez o apéndice vermiforme. Escribiu o tratado de anatomía Comentaria cum amplissimis additionibus super anathomia Mondini (Comentarios con amplísimas adicións sobre a anatomía de Mondini, 1521).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Ribadumia. Trátase dunha construción do século XVI con reformas posteriores do s XVIII. Foi sede da sinatura do Pacto de Barrantes en setembro de 1930.