"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Formado no célebre Actor’s Studio de Nova York, a súa traxectoria teatral principiou co espectáculo A streetcar named desire (Un tranvía chamado desexo, 1951), presentado en Broadway en 1947, con dirección de Elia Kazan e considerado como unha exemplificación paradigmática do que Lee Strasberg denominaría “o método”, adaptación americana das ensinanzas de Konstantin Stanislavsky. Aínda que a súa reputación lla debe aos seus traballos cinematográficos, á súa sólida formación e capacidades interpretativas teñen unha base teatral. Converteuse nun mito grazas á interpretación de obras de gran espectáculo (cine de autor aparentemente inconformista). Cómpre destacar algúns traballos da súa primeira época: The Men (Os homes, 1950), Viva Zapata (1952), Julius Caesar (Xulio César, 1953), The wild one (Salvaxe, 1953). Outras películas destacadas son: The godfather (O padriño, 1972), Last tango...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixón ou zona do muíño, ao redor da moa, onde vai caendo a fariña ao moer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candea grande de cera, xeralmente cunha única mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega oriúnda de Portugal que leva como armas: en campo de azul, tres machetes de ouro ardendo, postos en aspa. Outra variante trae: en campo de azul, tres candeas de ouro, dereitas e postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Foi veciño de Santiago de Compostela. En 1562 tomou ao seu cargo a obra do retablo principal da antiga capela Don Lope, na catedral compostelá. Realizou en 1567 o retablo para a igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita e xornalista holandés. O seu nome de familia é Arno Sjoerd Brandsma. Fundou a Unión de Escolas Católicas (1925). Opúxose ao Nazismo. Por este motivo estivo no campo de concentración de Dachau, onde morreu a causa dunha inxección letal. Foi beatificado por Xoán Pablo II en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo inglés. A súa especialidade foron os retratos e os corpos espidos vigorosos, cun certo halo místico. Publicou o libro Perspectives of nudes (Perspectivas de nus, 1961), no que se daba a coñecer como mestre da cámara perspectivística. Editou tamén, xunto con P. Turner, Early photographs: 1930-1942 (Primeiras fotografías: 1930-1942, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista alemán. O seu nome de nacemento era Karl-Herbert Frahm. Militou nas mocidades socialistas e, cando Hitler accedeu á Chancelería en 1933, foi perseguido e desposuído da nacionalidade alemana. Exiliouse en Noruega, onde se naturalizou co nome de Willy Brandt. Colaborou na organización das Brigadas Internacionais que interviñeron en España durante a Guerra Civil (1936-1939). Durante a Segunda Guerra Mundial refuxiouse en Suecia. En 1945, trala caída do nazismo, retornou a Alemaña, retomando o contacto co Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD) en 1947. Recuperou a súa nacionalidade orixinaria en 1948. De 1949 a 1957 foi delegado por Berlín para o Bundestag, de 1955 a 1966 foi membro do Parlamento da cidade de Berlín e, en 1957, burgomestre (alcalde) de Berlín. Era alcalde de Berlín (1957-1966) cando se construíu o muro (13.8.1961). Ese acontecemento foi determinante na modificación da súa estratexia política, que procurou un profundo cambio nas relacións internacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade daquilo que é brando.

    2. Dozura ou afabilidade no trato.

    3. Condescendencia ou falta de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra inglesa, derivada do holandés, que significa ‘viño queimado’. Define as bebidas espirituosas obtidas de augardentes de viño destiladas ou redestiladas e avellentadas en barricas de carballo. Despois dunha primeira destilación simple obtense unha augardente de 65-68°. O arrecendo prodúcese a consecuencia do avellantamento, que dura uns 20-25 anos. Unha vez rematado este proceso a graduación pasa a 52-60°. Este tipo de brandy non é común no mercado, pero emprégase para preparar as variedades comerciais, para mesturar con alcohois máis novos e para adicións de caramelo e auga; a graduación final é de 40-45°. Os principais países produtores son Francia, cos seus Cognac e Armagnac, e España. O brandy español máis recoñecido é o de Jerez que acapara o 94% da produción estatal e que, ao parecer, tivo a súa orixe nunha partida de augardente que estaba almacenada en barricas que contiveran viño de Jerez para ser embarcada a Holanda, e que sufriu unha demora, tralo que se comprobou que o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. As súas novelas de tema político tratan da guerra como Miasto nierpokonane (A cidade invita, 1946) e da creación do estado socialista na tetraloxía Miedzy wojnami (Entre guerras, 1948-1951). Tamén ten obras en contra do Stalinismo e a opresión ideolóxica como Matka Królów (A nai dos reis, 1957). En posteriores publicacións analizou os cambios psicolóxicos e morais que se foron producindo en Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ás brañas ou aos propios brañegos.

    2. Campesiño montañés que vive onde abundan as brañas. OBS: Este substantivo emprégase na comarca de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sitio ou terreo no que abundan as brañas.

    2. Aplícase ao terreo onde hai auga constantemente ou do que está sempre convertido en braña por ter moita humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador inglés. Influído por Jean-François Millet e William Morris, do que foi aprendiz entre 1882 e 1884. Pintou temas exóticos como O mercado na praia. Realizou tamén augafortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana de aviación, fundada no ano 1928. Ten a súa sede en Dallas (Texas). Dedicada primeiramente ao tráfico interamericano, a partir de 1980 organizou diversas liñas a Europa, Asia e Oriente Próximo, a causa do acordo asinado con Air France e British Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil procedente do Oligoceno (35 M a) de Bolivia, é o máis antigo dos atopados en América do Sur. Coñecido só pola súa fórmula dentaria, que parece anticipar a que será a fórmula típica dos Platirrinos (macacos do Novo Mundo), aínda que conserva trazos que o emparentan cos Haplorrinos (semiorde que agrupa os Platirrinos e os Catarrinos do Vello Mundo) africanos, considérase un antepasado dos Platirrinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feudatario serbio, señor de Pristina. Segundo a tradición, traizoou ao seu país na batalla de Kosovo Polje en 1389. O seu nome perdura como símbolo da ignominia no folclore serbio. Foi cabeza da dinastía implantada en Serbia na persoa do seu fillo Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO