Brandón, Miguel
Brandón, Miguel
Entallador. Foi veciño de Santiago de Compostela. En 1562 tomou ao seu cargo a obra do retablo principal da antiga capela Don Lope, na catedral compostelá. Realizou en 1567 o retablo para a igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).