"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • GALICIA

    Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño inglés. En 1567 participou nunha viaxe de tráfico de escravos ao golfo de México, na escuadra que capitaneaba sir John Hawkins. Realizou dúas viaxes ás Indias Occidentais (1570 e 1571), nas que continuou co negocio de escravos e recoñeceu o territorio. Dirixiu unha expedición de saqueo contra os portos españois do Caribe (1572) na que conquistou Nombre de Dios e destruíu a cidade de Portobelo. Por orde da Raíña Isabel I de Inglaterra, en 1577 iniciou a circunnavegación na que capturou diversos barcos españois, saqueou Valparaíso e tomou posesión das terras ao N da baía de San Francisco. Chegou a Inglaterra en setembro do 1580 e a raíña recompensouno co título de sir. Foi alcalde de Plymouth e en 1584 elixírono membro do Parlamento. En 1585 presentouse nas costas galegas á fronte de 21 barcos, diversas embarcacións menores e ao redor de 2.000 soldados, que fondearon nas illas Cíes. Continuou a viaxe polo Océano Atlántico, atacou Santo Domingo e Cartagena de Indias e fundou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento composto de cera, colonia, aceite e esencias que se empregaba como depilatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe do goberno de El Salvador (1851) e presidente (1852). Durante o seu mandato firmou a paz con Carrera, presidente de Guatemala, feito co que se asegurou a supremacía conservadora en ambos os países. En 1871 foi derrocado polo xeneral Santiago González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘Virxe (Santísima)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude ecléctica.

    2. Teoría que consiste en extraer diferentes principios de varias doutrinas de pensamento para fusionalas nun sistema único, e para recuperar de cada unha delas o máis positivo. É unha actitude de oposición ao dogmatismo e ao radicalismo, ao reivindicar a tolerancia e o diálogo entre posturas distintas. Valorouse de diferentes maneiras ao longo da historia da filosofía. Cicerón foi un dos pensadores eclécticos clásicos. Esta corrente colleu pulo durante a introdución do cristianismo na filosofía ao asimilar algúns autores cristiáns os sistemas filosóficos de Platón e Aristóteles. Deste xeito, son actitudes eclécticas as filosofías de santo Agostiño de Hipona e san Tomé de Aquino. No Renacemento, a escolástica do fin do medievo tentou asimilar as actitudes eclécticas dos sistemas filosóficos gregos.

    3. Tendencia arquitectónica desenvolvida no s XIX que mestura diversos elementos estilísticos. Foi favorecida polas prospeccións arqueolóxicas e a publicación das primeiras historias universais ilustradas de arquitectura. Relacionada co historicismo na súa inspiración nos estilos do pasado, aproveitou os avances tecnolóxicos da arquitectura do ferro e integrou no marco arquitectónico as demais artes, especialmente a escultura. Foi o estilo empregado na construción de edificios institucionais, como deputacións, concellos e ministerios, e tamén en estacións, mercados, teatros, casinos, bancos e entidades culturais. O edificio máis representativo foi a Ópera de París (1861-1874) de Charles Garnier. En España adaptárono, nalgunha das súas obras, L. Doménech, A. Gaudí, J. Puig i Cadaflach, E. Rodríguez Ayuso, E. Rogent e R. Velázquez Bosco, entre outros. En Galicia cómpre salientar a obra de F. Domínguez Coumes-Gay e A. Rodríguez Sesmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia católica publicada en Santiago de Compostela a partir do 15 de maio de 1884, na conmemoración do VII centenario do nacemento de san Francisco. Cesou a súa edición en outubro de 1968, con máis de 1.500 números impresos. Contou coa colaboración de Salvador Cabeza de León, Dolores del Río Sánchez, Manuel Posse, Luciano Piñeiro, Barcia Caballero e Eladio Rodríguez, ademais de frades franciscanos. Seguiu o modelo doutras revistas da comunidade e, ademais de información relixiosa, incluíu artigos sobre filosofía, historia, ética, psicoloxía, etc. No eido literario, cómpre salientar algúns textos en galego e traducións a esta lingua de poemas relixiosos en italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desviación no tratamento ou na interpretación dos feitos sociais, caracterizada pola importancia determinante que se lles dá aos aspectos económicos da situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao economicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e estatístico irlandés. Foi profesor nas universidades de Londres (1890) e Oxford (1891). Fundou o Economic Journal e foi nomeado en 1912 presidente da Royal Statistical Society. Relacionou utilitarismo e economía, aplicou as matemáticas ás ciencias sociais e desenvolveu o concepto de curva de indiferenza e a medida da utilidade. No campo da estatística realizou estudios sobre a lei do erro, os métodos estatísticos de representación e o cálculo de probabilidades. Entre as súas obras destacan New and Old Methods of Ethics (Novos e vellos métodos da ética, 1877) e Mathematical Psychics (Física matemática, 1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á consoante líquida nasal (ν) que en grego, para evitar o hiato, podía seguir facultativamente as vocais ε e ι das terceiras persoas do singular e do plural dalgúns tempos do verbo, dos dativos plurais da terceira declinación e de diversas palabras invariables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre inglés, duque de Bridgwater. Promoveu a construción das canles de Worsley a Manchester e de Manchester a Liverpool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Loitou na Guerra da Independencia e durante o reinado de Fernando VII foi ministro da Guerra (1814-1815 e 1817-1819). Despois da revolta de Riego (1820), exiliouse e dedicouse a organizar a resistencia ao réxime liberal. En 1823 entrou en España cos Cen Mil Fillos de San Luís e presidiu a Junta Provisional de Oiartzun.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa especialista en electricidade e nas súas aplicacións.

    2. Persoa que fai ou repara instrumentos, maquinaria eléctrica ou instalacións eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Juan Adán, formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi primeiro escultor de cámara dende 1836 e director xeral da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1843, 1850-1853). As súas obras mostran o carácter clasicista. Traballou na restauración escultórica do palacio de Aranjuez. Da súa produción destaca o grupo El reto de don Rodrigo Téllez Girón al moro Albayaldos delante de sus padrinos e os retratos de Jovellanos e Argüelles. Realizou a figura da Constancia do Obelisco do 2 de Maio de Madrid (1840) e, no terreo da obra efémera, participou nos cenotafios das raíñas Isabel de Braganza (1919) e María Xosefa Amalia de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Como comandante xeneral de Montevideo (1807) fixo fronte á invasión dos ingleses e aos primeiros conatos revolucionarios en Río de la Plata. Regresou a España, foi nomeado capitán xeneral de València e Murcia, e converteuse nun dos homes de confianza do Rei Fernando VII. Destituído durante o Trienio Liberal, condenárono a morte e executárono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Militante comunista, trala Guerra Civil estivo preso no campo de traballo mineiro de Casaio, nos contrafortes da serra do Eixe, de onde fuxiu. Incorporouse ás guerrillas que actuaban na zona e participou en diversas accións que se levaron a cabo na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León, ámbito de actuación da Iª Agrupación Guerrilleira. En 1945 foi elixido, en representación dos militantes comunistas guerrilleiros, comisario adxunto ao Estado Mayor de la Federación Nacional de Guerrillas. Foi partidario de superar as diferencias políticas existentes entre os guerrilleiros, principalmente entre comunistas, por unha banda, e socialistas, anarquistas e republicanos pola outra, e formar un bloque único. Participou no chamado Congreso de Reunificación, celebrado no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946, onde morreu a mans da Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO