Elías de Tejada Spínola, Francisco

Elías de Tejada Spínola, Francisco

Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa pola Universidad de Buenos Aires (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso