"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Aparato para medir o talle dos nenos pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta pedomorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio evolutivo que dá como resultado a reaparición nunha especie de caracteres xuvenís en individuos adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Foi delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra (1993-1994), deputado no Parlamento de Galicia na V lexislatura (1993-1997), director xeral de Relacións Laborais (1994-1997) e secretario executivo da organización do PP en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NO da parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Foi lector de teoloxía en Toro, rexente de estudos en Ávila, prior de Plasencia e de San Esteban de Salamanca, e vigairo xeral da provincia de España e provincial (1691-1696). É autor de Commentaria in Summam S. Thomae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Dirixente do Grupo de Oficiales Unidos, foi un dos organizadores do golpe de estado de 1943, favorable ás potencias do Eixe. Pasou dun neutralismo militar a un conservadorismo fascista que desembocou nun populismo nacionalista prooccidental (1945). En 1945 converteuse en vicepresidente e ministro de Guerra, e en 1946 gañou as eleccións á presidencia de Arxentina. Instaurou un réxime ditatorial de corte populista asentado no Partido Único de la Revolución. Foi reelixido en 1951, pero a morte da súa muller, Eva Duarte, a corrupción e a crise económica (1953-1955) derivaron na súa destitución (1955) e exilio en Madrid. En 1973 os peronistas volveron gañar as eleccións e Perón volveu a Arxentina, pero esta segunda etapa presidencial foi curta e ineficaz. En 1961 casara con María Estela Martínez de Perón, quen á súa morte o sucedeu na presidencia, ata que foi derrocada polo golpe de estado militar de marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pacifista belga. Dominicano, creou a Aide aux Personnes Déplacées (1949) e fundou o Mahatma Gandhi International Peace Centre, transformado na Universidade da Paz (1960) en Tihangelez-Huy (Bélxica). Escribiu Bâtir la paix (1966). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1958) e o Premio Sonning de Dinamarca (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato en forma de reloxo de peto que conta o número de pasos feitos pola persoa que o leva. A partir deste número calcúlase, aproximadamente, a distancia camiñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de pé.

    2. Aplícase ao gravado rupestre que representa un pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Anllóns entre as parroquias de Verdes (Coristanco) e Xornes (Ponteceso). Trátase dunha ponte de lousas, con cinco vans de arcos arquitrabados. Localízase no camiño de Buño e Agualada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento situado en Pontevedra. Foi construído polos dominicanos entre os ss XIII e XV en estilo gótico. En estado ruinoso, só se conserva a cabeceira da igrexa con cinco ábsidas poligonais e un muro lateral cunha pequena portada e rosetón. Destacan os motivos decorativos xeométricos, vexetais ou animais situados en vans, capiteis e canzorros. No s XVIII produciuse un intento fracasado de reconstruír o edificio en estilo neoclásico. No seu interior alberga a sección de arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra, con restos destacados como pezas romanas e medievais, escudos, e os sepulcros como os de Pedro Madruga, Paio Gomez, Sueiro Gomez e Tristán de Montenegro. As ruínas foron declaradas BIC en 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bidueiros (Dozón). O seu cumio acada os 821 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico químico e empresario. Foi director da Cooperativa do Ribeiro (1972-1974), Cuevas y Cia. SA, presidente de Caixa Ourense (1984-1987), presidente de DROPIER e do consello de Marrón Glacé SL e de Arpón SL. Foi tamén deputado do Parlamento Europeo por Coalición Galega (1993-1994 e 1999) e secretario da Irmandade dos Vinhos Galegos. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Os viños de Galicia (1978), Manual de los vinos y aguardientes de Galicia (1992) e Metafísica del vino (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte máis posterior do abdome dos arácnidos, das ordes dos escorpións, palpígrados e uropixios, caracterizada polo seu estreitamento respecto á parte anterior do abdome e pola súa flexibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de predominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que predomina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prevalecer ou ser superior en número, influencia, ou autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de predominar.

    VER O DETALLE DO TERMO