Perón, Juan Domingo
Militar e político. Dirixente do Grupo de Oficiales Unidos, foi un dos organizadores do golpe de estado de 1943, favorable ás potencias do Eixe. Pasou dun neutralismo militar a un conservadorismo fascista que desembocou nun populismo nacionalista prooccidental (1945). En 1945 converteuse en vicepresidente e ministro de Guerra, e en 1946 gañou as eleccións á presidencia de Arxentina. Instaurou un réxime ditatorial de corte populista asentado no Partido Único de la Revolución. Foi reelixido en 1951, pero a morte da súa muller, Eva Duarte, a corrupción e a crise económica (1953-1955) derivaron na súa destitución (1955) e exilio en Madrid. En 1973 os peronistas volveron gañar as eleccións e Perón volveu a Arxentina, pero esta segunda etapa presidencial foi curta e ineficaz. En 1961 casara con María Estela Martínez de Perón, quen á súa morte o sucedeu na presidencia, ata que foi derrocada polo golpe de estado militar de marzo de 1976.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso