"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Altiplano de Australia, situado ao NL do estado de Queensland (130 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das atiorodáceas.

    2. Familia de bacterias da orde das pseudomonadais integrada por pequenos cocos, bacilos ou espirilos móbiles, con flaxelos polares. Xeralmente son autotróficos e anaeróbicos. Viven nas augas cargadas de materia orgánica que empregan como fonte principal de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Iniciador do informalismo, a súa obra reflectiu un mundo cego e sen esperanza, expresado por medio de tons apagados ao lado de pinceladas rechamantes. Ilustrou con litografías a Descrición dun combate, de Franz Kafka (1947). Está representado no Museo de Arte Moderna de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano que forma unha franxa en forma de S entre as costas de América e as de Europa e África, e queda limitado, na parte N, polo Océano Ártico, mentres ao S se abre totalmente ao Antártico. É o segundo en superficie con 82.880.000 km2; 92.111.000 km2, contando os mares adxuntos. A profundidade media é de 3.322 m, e a máxima acada os 8.380 m (Fosa de Porto Rico). Acolle un volume aproximado de 3.530.000.000 km3 de auga, sendo o océano que recolle a maior superficie de drenaxe, recibindo as augas dos ríos máis grandes do planeta que verten directamente nel (Amazonas, Mississippi, Orinoco, San Lourenzo, Río da Prata, Congo, Níxer, Rin, Elba), ou nos seus mares adxacentes: Mediterráneo (Nilo), Báltico e Mar Negro. As costas do Atlántico setentrional, en contraste coas do Atlántico meridional, están moi recortadas, incluíndo grandes illas (Islandia, Grenlandia, as Illas Británicas, As Antillas), e baías (Baffin, Hudson), golfos (México, Bizkaia) e mares tributarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de atourear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir ou montar o touro a vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal napoleónico. De orixe humilde, alistouse no exército revolucionario en 1792 e ao cabo dun ano ascendeu a xeneral. Loitou nos Pireneos Orientais contra os exércitos españois de Carlos IV (1793) e contra os austríacos en Italia (1796). Colaborou no golpe de estado do 18 de frutidor do ano V (4.8.1797). En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e, en 1806, duque de Castiglione. En 1810, despois de tomar Girona, foi nomeado gobernador xeral de Catalunya (xaneiro-maio de 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a diversas agrupacións escénicas de Galicia que teñen na universidade o seu ámbito privilexiado de desenvolvemento. As primeiras experiencias foron promovidas polo profesor Armando Cotarelo Valledor, promotor do Cadro Dramático da Universidade de Compostela, co que estreou diversas pezas da súa autoría entre 1922 e 1924. Na década de 1950 Rodolfo López-Veiga Ponte dirixiu diversos espectáculos a partir de textos de Arthur Miller, Samuel Beckett e Eugène Ionesco. En Galicia o movemento teatral universitario practicamente non existiu fronte ao resto do Estado, onde tivo especial relevo no nacemento do teatro independente e na loita contra a ditadura. O período de maior actividade teatral na universidade galega comezou en 1976 cando se creou unha estrutura específica de apoio e desenvolvemento da actividade teatral, baixo a coordinación do profesor Miguel Angel Gómez Segade. Esta estrutura desenvolveu actividades moi diversas ata 1981, desde a programación de ciclos de teatro á organización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que se dedica a recoller as areas auríferas depositadas polos cursos fluviais, especialmente nas comarcas de Valdeorras, Lemos, Quiroga e Trives, e no golfo Ártabro. Nestas areas, o ouro preséntase polo xeral en forma de escamas e, máis raramente, de pebidas. O Miño, o Sil e os seus afluentes son os máis ricos en partículas de ouro. Da primitiva explotación destes depósitos quedan mostras nas Médulas, en Montefurado e nos lavadoiros de San Miguel de Outeiro, Vilamartín de Valdeorras e na canle do río Xares. Existen aureanas en Galicia dende época prerromana. As mulleres amasaban as areas auríferas, lavando despois a masa en barutos tecidos en forma de cesta. O oficio de aureana era característico da parroquia de Seadur, no concello de Larouco, e doutras dos concellos ribeiregos do Barco, Petín e Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista cinematográfico francés. Escribiu os guións de La symphonie pastorale (Jean Delannoy, 1946) e de Jeux interdits (René Clement, 1952). Colaborador habitual de Pierre Bost, foi redescuberto polo realizador B. Tavernier nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo creado en Ourense en 1974 por un grupo de mozos procedentes da compañía Histrión 70, ao abeiro da Agrupación Cultural Auriense. O seu primeiro espectáculo naceu a partir dun texto homónimo de Jenaro Marinhas del Valle, O triángulo ateo (1974). Seguidamente, e cunha forte compoñente nacionalista e reivindicativa, estrearon Historia do home que se volveu can (1974), sobre a obra de Oswaldo Dragún; Manuel, vento indomable (1975), segundo un texto de Manuel Guede; Unha vez foi o trebón, sobre a recreación que da revolta irmandiña fixera Manuel María; O Caixón (1977) e A gran candonga (1978), a partir de textos de Millán Picouto. Nesa mesma liña, en 1975 presentaron o Recital Cabanillas e en 1976 o Recital Ferrín, Manuel María, Novoneyra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro afeccionado creado en Moaña por Pedro Pablo Riobó Sanluís. En 1983 estreou Dos arquivos do trasno, espectáculo creado a partir de textos de Rafael Dieste. Dende aquela, leva realizado máis dunha ducia de espectáculos, representados por toda a provincia de Pontevedra; entre eles, destacan A gata sobre o tellado de zinc quente (1994), a partir do texto homónimo de Tennessee Williams e Nai coraxe e os seus fillos (1996), sobre a peza de Bertold Brecht. Amais do labor de dinamización sociocultural que a súa actividade leva aparellada, este colectivo ten contribuído á creación de públicos, á formación de espectadores e á promoción de novos actores como Marcos Vieitez ou Salvador del Río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso e acróbata de grande éxito internacional. Actor de carácter romántico, cultivou a comicidade acrobática pura. Creou o tipo de pallaso con vestido cadrado e bonete de cascabeis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, guionista e realizador de curtametraxes, foi o fundador da Revue du Cinéma, publicación na que editaba críticas e artigos sobre o cine francés e internacional dos anos corenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano Antártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbas anuais do xénero Avena da familia das poáceas, de ata 150 cm de altura, con inflorescencia en panícula e glumas máis longas ca as flores. A especie cultivada é Avena sativa, considerada inicialmente como mala herba dos campos de trigo, debeu comezar a ser cultivada hai 2000 anos. O grao da avea contén máis lípidos ca os outros cereais e unha cantidade de proteína e vitaminas semellante á do gran de trigo; diferénciase deste cereal na proporción de distintos aminoácidos e destaca a baixa proporción de ácido glutámico. Polo feito de ter unha porcentaxe baixa de glute, a fariña de avea non serve para amasar o pan. Unha gran parte da produción destínase a alimentación animal. Para a alimentación humana cómpre sinalar os copos, a xémola para preparar papas e as fariñas infantís. As cascas teñen usos industriais; utilízanse para a obtención do furfural, como produto auxiliar na fabricación de cervexa, como abrasivo proxectado mediante aire a presión para eliminar aceites...

    2. Este cereal emprégase profusamente en alimentación, consumíndose en forma de flocos nos almorzos ou mesturado con mel, nata ou leite, e froitos do tempo (muesli). En forma de fariña emprégase na elaboración de sopas e papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo sementado de avea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro afeccionado que iniciou a súa andaina en 1985. Na súa primeira etapa presentou un conxunto de espectáculos dirixidos por Armando González Freiría, entre os que destaca O menciñeiro á forza (1985), a partir do texto homónimo de Molière; Sueños de espuma (1986), segundo un texto do propio A. G. Freiría; Historia dun cabalo (1997), con textos de Tolstoi, e Imos botar, imos K Gar (1988), sobre textos do colectivo. En 1990 Ánxeles Alfaya dirixiu Para ti, Shakespeare, tomando como fonte un libreto para cine de Ronald Harwood. Desde 1991, ano en que Xoán Abreu asumiu a dirección escénica, a compañía produciu tres novos espectáculos: Rin, Rin (1992), gañador do I Certame de Teatro Xoven Lugo 93, Quen matou a Mari Lauri? (1996), primeiro premio no II Certame de Teatro “Ciudad de Reinosa 97”, Cantabria, sobre textos do propio Abreu, e Papá e mamá están ben, a partir dun texto de Carmine Amoroso. En 1999 representaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxelarse a auga nas superficies á intemperie cando a temperatura é inferior a cero graos.

    2. Morrer os vexetais por conxelación ao cristalizar a auga do citoplasma provocando a rotura das células.

    VER O DETALLE DO TERMO