"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

    1. Moeda alemá de ouro cun peso de 6,65 g e un valor de cinco táleros de prata. Foi cuñada polos reis de Prusia dende Federico Guillerme I (1713-1740) ata a proclamación do Imperio Alemán (1871). Dende o reinado de Federico II de Prusia presentaba a imaxe deste monarca.

    2. Moeda dinamarquesa de ouro cuñada no s XIX durante os reinados de Federico VI e Federico VII. Tiña un valor de cinco táleros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector (1763-1806) e primeiro rei de Saxonia (1806-1827), fillo do elector Federico Cristián. Aliouse con Francia durante o Imperio de Napoleón I, quen o nomeou rei en 1806 e lle concedeu en 1813 o ducado de Varsovia. Fixérono prisioneiro os aliados en Leipzig (1813) e no Congreso de Viena devolvéuselle o seu reino, diminuído un terzo en favor de Prusia e sen o ducado de Varsovia, que pasou a Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Saxonia (1904-1918), fillo do Rei Xurxo I. Desempeñou importantes cargos no exército saxón e no prusiano. Proclamada a República, houbo de abdicar do trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Utrech (825-838). Confioulle a san Odulfo a misión de evanxelizar Frisia. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Brandenburgo (1640-1688) e duque de Prusia (1657-1688), fillo do elector Xurxo Guillerme I. Trala fin da Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) recibiu a Pomerania oriental. En 1656 rompeu a súa alianza con Polonia cando esta foi invadida por Suecia e Rusia, co que conseguiu o ducado de Prusia. Impulsou a unión administrativa e de tributos nos seus estados e iniciou o recrutamento regular para manter un exército permanente. Fundou varias colonias en África occidental e a Biblioteca Real de Berlín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1786-1797), fillo do príncipe Augusto Guillerme. Sucedeu o seu tío Federico II. Membro da primeira coalición contra Francia (1793), as vitorias francesas e os seus intereses en Polonia inducírono a firmar a paz por separado polo Tratado de Basilea (1795). En 1793 anexionouse Danzig e Thorn, e en 1795 Varsovia. Reduciu as liberdades e á súa morte deixou o exército e a economía debilitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1797-1840), fillo e sucesor de Federico Guillerme II. Coaligado con Rusia, atacou Francia (1806) e, tralas derrotas de Jena, Auerstedt e Friedland, asinou a Paz de Tilsit (1807), que deixaba o reino reducido á metade. En 1813 uniuse á coalición contra Napoleón e o Congreso de Viena (1815) restituíulle aumentados os territorios perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1840-1861), fillo e sucesor de Federico Guillerme III. Reprimiu a Revolución de 1848, pero tivo que outorgar unha Constitución. Enlouqueceu en 1857 e asumiu a rexencia o seu irmán Guillerme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1152-1190), rei de Italia (1155-1190) e duque de Suabia (1147-1152), fillo do duque Federico II de Suabia. Elixido emperador pola Dieta de Frankfurt trala morte de Conrado III (1152), procurou a amizade de todos os príncipes alemáns co fin de restaurar a grandeza do Imperio Romano Xermánico. Trasladouse a Italia, onde foi proclamado rei dos lombardos e despois entrou en conflito co papado. Entre 1158 e 1162 enfrontouse con éxito a Milán e aos seus aliados, e converteu a Víctor IV en papa, o que lle valeu a excomuñón por parte de Alexandre III en 1165. En 1167 enfrontouse á Liga Lombarda e, trala derrota de Legnano (1176), viuse obrigado a recoñecer as demandas de soberanía por parte das cidades da Liga Lombarda e a Alexandre III como papa. En Europa Central converteu Polonia nun Estado tributario do Imperio, concedeulle a Bohemia o rango de reino e transformou Austria nun ducado independente e hereditario. En 1189 cedeu o goberno imperial ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector e margrave de Brandenburgo (1417-1440), e burgrave de Nuremberg (1417-1440), fillo do burgrave Federico V. Iniciou a dinastía Hohenzollern. Apoiou a Sexismundo I de Hungría na súa elección como rei de Xermania e este, a cambio, concedeulle os títulos de elector e margrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Copenhaguen? 1471 - Gottorp 1533) Rei de Dinamarca (1523-1533) e de Noruega (1525-1533), e duque de Slesvig- Holstein, Fillo do Rei Cristián I. Foi elixido rei de Noruega na Dieta de Vyborg (1523). Partidario do luteranismo, favoreceu o seu desenvolvemento nos seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1496-1503). Aliouse cos turcos ante a ameaza dunha invasión por parte da alianza formada por Venecia, o papado e Luís XII de Francia e perdeu o reino ante o rei de Francia e Fernando o Católico. Fuxiu a Ischia (1501) e despois a Francia, onde lle concederon o ducado de Anjou a cambio de renunciar á Coroa de Nápoles, que pasou ao Reino de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Brandenburgo (Federico III, 1688-1713) e rei de Prusia (1701-1713). Proclamouse herdeiro único en contra do testamento do seu pai, o elector Federico Guillerme I, e apoiou o Emperador Leopoldo I na Guerra de Sucesión pola coroa española a cambio do título de rei de Prusia. Practicou unha política de asimilación de protestantes europeos e fundou a Universidade de Halle (1694) e a Academia das Ciencias de Berlín (1707). Foi tamén mecenas do filósofo e matemático G. W. Leibniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia, duque de Saxonia-Wittenberg, burgrave de Magdeburgo (1423-1428), de Altenburgo (1381-1428) e margrave de Misnia, da Baixa Lusacia e de Landsbeerg (1407-1428). Participou en diversas expedicións contra os lituanos e axudou o Emperador Sexismundo contra os husitas, o que lle valeu os títulos de elector de Saxonia e duque de Saxonia-Wittenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1720-1751), duque de Finlandia, príncipe de Estonia e Ingria (1720-1751) e langrave de Hessen-Kassel (1730-1751). Tras loitar na Guerra de Sucesión española, casou en 1715 con Ulrica Leonor I de Suecia, quen se converteu en raíña en 1718 e lle cedeu a coroa dous anos máis tarde. Iniciou un novo conflito con Rusia en 1741 que acabou co Tratado de Abo (1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (1797-1803), primeiro elector (1803-1806) e primeiro rei de Württemberg (1806-1816), fillo do duque Federico Uxío I. Aliouse con Napoleón contra Austria e recibiu polo Tratado de Presburgo (1805) gran parte das posesións austríacas. En 1806 acadou o título de rei, entrou na Confederación do Rin e anexionouse varios principados. Uniuse á coalición de 1813 contra Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1197-1250), duque de Suabia (1212-1216), rei de Sicilia (Federico I; 1198-1250), de Nápoles e de Xerusalén (1225-1240), fillo de Enrique VI. Enfrontouse á Liga Lombarda (1126), organizou unha cruzada (1227) e foi excomungado polo papa Gregorio IX (1227). Un ano máis tarde dirixiu a Quinta Cruzada na que conquistou o Reino de Xerusalén e pactou unha tregua de dez anos co sultán exipcio. Á súa volta a Italia, tras sufocar unha serie de rebelións, estableceu a paz e promulgou as Constitucións de Melfi (1231). Fundou a Universidade de Nápoles (1224).

    VER O DETALLE DO TERMO