Federico Guillerme I de Prusia o Rei Sarxento
Federico Guillerme I de Prusia o Rei Sarxento
(Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.