"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Político costarriqueño. Presidente da República (1882-1885), implantou o ensino laico e obrigatorio e instituíu o matrimonio civil e o divorcio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Agrónomo e político. Estudiou ciencias naturais nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, na que acadou o título de doutor (1925) e ampliou os seus coñecementos no estranxeiro. Foi catedrático de Agricultura, director do instituto de ensino medio de Pontevedra e profesor de bioloxía no instituto Lope de Vega de Madrid. Participou na Misión Biolóxica de Galicia, na que desenvolveu traballos de investigación sobre as patoloxías víricas das patacas. Foi un dos fundadores do Centro Republicano de Pontevedra (1931) e participou na fundación da Federación Republicana Gallega (FRG). Elixido alcalde de Pontevedra en abril de 1931, dimitiu ao ano seguinte e pasou a ocupar a presidencia da Deputación. Durante a Guerra Civil encargouse da dirección de Política, o diario de Izquierda Republicana, e foi nomeado por Negrín comisario xeral do exército (marzo de 1938). Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde exerceu como profesor na Universidad Autónoma e no Instituto Politécnico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo e escritor. Perito industrial mecánico, mestre de ensino primario e licenciado en Ciencias da Educación, exerceu a docencia e formou parte de numerosos proxectos de normalización lingüística no ensino e de didáctica da lingua. Ligado aos movementos de renovación pedagóxica dos anos setenta, foi membro fundador dos colectivos Nova Escola Galega e Avantar. Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa da consellería de Educación e Ordenación Universitaria e formou parte do equipo de lingua que preparou os deseños curriculares para as etapas de primaria e secundaria. De 1990 a 1995, traballou como coordinador docente de galego. Colaborador en distintas publicacións de ensino, publicou as series didácticas O noso galego, Labia e Canles (Premio Nacional Emilia Pardo Bazán), e os textos teóricos Os libros infantís galegos (1989), Para lermos cómics (1989), 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e locutor. Diplomado en maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia, foi xefe de informativos da Radio Galega, coordinador do Servicio Radio Exterior, coordinador de Teletexto e Internet da CRTVG e do arquivo sonoro da Radio Galega. Ademais, edita e dirixe a revista Código Cero e o portal codigocero.com.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Coñecido como Guillermo Pedrosa, partiu da figuración e, a través da mancha de cor, realizou unha investigación cromática que o levou ata a abstracción lírica. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas e Madrid e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983), Balconadas de Betanzos (1990), Arte e lixo (2000) e Exposición galaico-portuguesa de Chaves (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliófilo e filántropo. Estudiou dereito en Madrid, onde contactou con grupos galeguistas como Xuventude Céltiga. Na década de 1930 acudiu e participou nos parladoiros frecuentados por Castelao, Otero Pedrayo ou Villar Ponte e afiliouse ao Partido Galeguista. Despois da Guerra Civil continuou militando no galeguismo e, durante anos, formou unha colección integrada por obras, documentos e publicacións relacionados con Galicia. No 1956 fixo entrega simbólica da súa biblioteca á Editorial Galaxia, e formalizouse esta situación en 1963 coa creación en Vigo da Fundación Penzol. Presidiu o padroado que rexe a Fundación e continuou facendo doazóns ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Estudiou leis en Santiago de Compostela e comezou a exercer no concello de Tui. En 1879 trasladouse a Madrid, onde foi pasante no bufete de Montero Ríos; ocupou diversos cargos políticos como concelleiro e tenente alcalde, deputado provincial e presidente da Diputación de Madrid. Foi deputado polo concello de Chantada (1896 e 1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Licenciada en Filoloxía Inglesa, estudiu decoración e fotografía na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Cofundadora da agrupación artística DEKATRÓ da Coruña, realizou traballos de deseño gráfico. Realizou exposicións individuais en diversas cidades e participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e nos certames Concello de Cambre, Eixo Atlántico e Vila de Cedeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Vinculado dende neno a Verín, exerceu a docencia e coa Guerra Civil exiliouse a Arxentina. Da súa produción, destaca Terra coutada (1990) e Crónicas de onte e de hoxe (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e profesor, irmán de Xoán Fernández Pérez. Coñecido tamén como Xesta, foi profesor de debuxo lineal, de figura e adorno, modelado e baleirado en varios centros educativos ourensáns. En 1931 foi nomeado director da Escola de Artes e Oficios de Ourense e no 1936 foi destituído dos seus cargos. Despois de ser rehabilitado, volveu exercer a docencia no Seminario Conciliar, na Escola de Comercio e na Escola de Formación Profesional. Destacou como retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1983). Catedrática de Lingüística Xeral na mesma universidade, centra a súa investigación na lingüística aplicada na vertente de trastornos na comunicación, na lingüística actual na esfera de fundamentos e correntes para o estudo das linguas e na historiografía da lingüística. Publicou varios artigos en revistas especializadas e libros no campo da epistemoloxía da lingüística, da lingüística xeral e da lingüística aplicada: La investigación lingüística desde la filosofía de la ciencia (A propósito de la lingüística chomskiana) (1986), Las categorías gramaticales (morfológicas) en español (1993) e Introdución a la Lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías para su estudo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveiro, irmán de Luís Fernández Pérez. Coñecido como Xesta, licenciouse en Filosofía e Letras. En 1911 ingresou no corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos. Foi xefe da Biblioteca Provincial de Ourense e director do Arquivo de Facenda e do Museo Arqueolóxico Provincial. Colaborador de Galicia Moderna e do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, publicou La nueva Biblioteca Provincial de Orense. Su resurgimiento (1942). Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Centro de Estudios Históricos de Valladolid e da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora e política. Exerceu a docencia no ensino medio e na UNED de Pontevedra. Foi concelleira polo Partido Popular no concello de Vigo (1995-1999) e deputada por Pontevedra na IV lexislatura (1993-1997), durante a que presidiu a comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiveiro, historiador e filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1940), foi director do arquivo xeral do ministerio de Información e Turismo e da Hemeroteca Nacional. Profesor de prehistoria e historia antiga na Universidad de Madrid, obtivo a cátedra de Filoloxía na Universidad de Murcia en 1945. Das súas obras destacan Fray Benito Jerónimo Feijoo y sus mejores páginas seleccionadas (1939), Un gran dicionario latino del siglo XIII (1940), La enseñanza del latín en Nueva España (1941), Catálogo de los Códices Clásicos latinos de la Biblioteca Universitaria de Salamanca (1942), San Valerio como fuente histórica. La España del siglo VII (1943), El “explicit” de códices fechados españoles en el siglo XV (1945), Abadologio del monasterio de Osera 1672 a 1824 (1945), Dicionario del latín dos canteiros de Galicia (1946), Los manuscritos gramaticales latinos de la Biblioteca Nacional (1947), Publicaciones diarias...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi secretario da Xunta Central de Galicia, constituída en Lugo en 1843. Apoiou o levantamento de Solís en abril de 1846, tralo que fuxiu a Portugal. Colaborou nunha nova revolta republicana liderada polo deputado Pereira, polo que foi detido e confinado no castelo de San Antón. Foi deputado (1854-1856) pola provincia da Coruña. Defendeu a permanencia do sistema foral no congreso agrícola celebrado en Santiago en 1864.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida como María Dolores Pradera, traballou como actriz de cine e de teatro e como cantante. Acompañada por Los gemelos, popularizou temas como Amarraditos, La flor de la canela, Fina estampa, Caballo prieto azabache, El tiempo que te quede libre ou El día que se hizo tarde. Da súa filmografía sobresaen Mi vida en tus manos, Antes de entrar dejen salir, Altar Mayor e Inés de Castro, e como actriz teatral participou en Madre, el drama padre, El Jardín de los cerezos, Soledad, La Celestina e Mariana Pineda. Da súa discografía, destaca A mis amigos (1988-1990), María Dolores (1989), Entrañable (1990), Por Derecho (1992), Toda un vida (2000), A Carlos Cano (2000), Esencia de mujer (2001) e As de corazones (2002). Debido á censura, en 1992 recolleu o Premio Larra, que lle fora outorgado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de historia (1993) e director do departamento de Historia Contemporánea (1997) da universidade compostelá. Foi coordinador, xunto con Ramón Villares, da edición da colección Clásicos Agrarios Galegos (15 vols, 1997). Colaborou en diversas revistas e destacan as súas obras La sociedad rural en la España contemporánea. Mercado y patrimonio (1996), en colaboración con X. L. Balboa López, Labregos con ciencia. Estado, sociedad e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939 (1992, Premio da Crítica 1993 e Premio Losada Diéguez 1993) e Terra e Progreso (2000). Membro do consello científico do Instituto Universitario de Investigacións e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Xefe do servizo de prensa e comunicación-protocolo da Deputación Provincial de Lugo, dirixe as revistas Lucus Lucus e Palacio do Rei e colabora en La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. Foi realizador e director de cine e TV e recibiu o segundo premio no Certamen de Cine Etnográfico de Zaragoza. Publicou Apuntes para la historia de la prensa en Galicia en el siglo XIX (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor, actor e director teatral. Coñecido como Maximino Keyzán, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade teatral, que comezou en Santiago, continuou en Vigo, ao abeiro dun importante movemento de teatro afeccionado. En 1967 creou o Teatro Keyzán co que realizou espectáculos como Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán, La excepción y la regla (1967), sobre o texto de Brecht, ou El Diploma (1967), segundo a obra de Luigi Pirandello. Este labor de presentación de autores contemporáneos foi acompañado coa realización de novos espectáculos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou Blanco Amor. Outros traballos importantes foron A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo, Despois de Magruitte (1992), no que partiu da obra de Tom Stoppard, ou La puerta del paraíso (1993), segundo o texto de Miguel Cobaleda. En 1991 dirixiu Así é, se vos parece, espectáculo creado co texto homónimo...
VER O DETALLE DO TERMO