"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Político e médico. Militou no Partido Progresista e foi o representante de M. Ruiz Zorrilla durante o seu exilio. Como profesional da medicina foi o introdutor da neuropsiquiatría en España, o inventor da terapía ocupacional e construíu un sanatorio mental en Carabanchel. Trala morte de Ruiz Zorrilla (1895) aceptou a dirección do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Josep e de Ignasi Vergara, traballou a madeira policromada de temática relixiosa. Entre as súas obras destacan o san Mateo da pendente do ciborio e os santos Filipe, Xaime e Xudas da cornixa do cruceiro da catedral de València. Foi académico (1772) e director xeral da Acadèmia de Sant Carles (1781) e escultor de cámara honorario de Carlos IV (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Xefe do Estado Mayor do exército paraguaio na Guerra de Chaco, viuse obrigado a exiliarse tralo golpe militar do coronel Ramón Franco (17.2.1936). Líder da delegación paraguaia na conferencia de paz de Bos Aires coa que finalizou a Guerra de Chaco (1938), foi elixido presidente da República o 4 de marzo de 1939 e inmediatamente xestionou a volta da oposición ao Parlamento e restableceu a liberdade de prensa. En febreiro de 1940 disolveu o Parlamento, asumiu todos os poderes ante a crecente presión dos militares, iniciou unha reforma agrícola moderada e elaborou unha nova constitución, ratificada polo pobo pouco antes da súa morte nun accidente de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Opúxose en 1880 ás reformas liberais e encabezou, xunto co seu irmán Santiago Estrada, a reacción dos católicos. Defendeu a través da revista Argentina as súas ideas en materia de educación relixiosa. Entre as súas obras destacan Génesis de nuestra raza (1861), El catolicismo y la democracia (1862), Ensayo histórico sobre la revolución de los comuneros en el Paraguay en el s XVIII (1865) e La política liberal bajo la tiranía de Rosas (1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Gobernador da costa atlántica, sublevouse contra o presidente J. Santos Celaya (1909). Coa axuda dos banqueiros estadounidenses conseguiu ser proclamado presidente da República (1910). Un ano máis tarde, foi substituído por Adolfo Díaz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zarzuelista e escritor. Residiu en Madrid, onde cursou a carreira de dereito civil e canónico e a de administración. Colaborador asiduo de Madrid Cómico, en 1873 estreou Pruebas de fidelidad e a partir de 1876 empezou a colaborar con Vital Aza (Noticia fresca), Campos Arana (Los trapos de cristianar) e, sobre todo, con R. Chapí (Música clásica, La serenata). Como poeta escribiu o volume Fábulas y cuentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou a súa carreira en 1938 na Residencia de Estudiantes de Barcelona, onde presentou unha versión paródica de Don Juan Tenorio. Residiu en Inglaterra (1939-1948), onde realizou traballos de dirección, colaborou coa BBC e coordinou obradoiros de teatro para nenos refuxiados. En 1949 marchou a Montevideo, onde participou activamente na creación do grupo El Galpón e impartiu docencia teatral na Escuela Municipal de Arte Dramático. De volta en España, iniciou unha longa actividade como profesor de teatro. Impartiu cursos e talleres para institucións e compañías, e iniciou unha intensa colaboración co Teatro Circo da Coruña, con quen dirixiu o espectáculo O entremés famoso da pesca no río Miño (1973). En 1978 obtivo a cátedra de Interpretación da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, desde a que promoveu a creación de novas compañías como Zascandil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Discípulo de Albrechtsberger e de Haydn, foi kapellmeister da corte (1824-1833). Compuxo misas, oratorios, cantatas, cancións e unha ópera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Conde de Ezpeleta de Beire. Gobernador en Cuba (1785-1789) e vicerrei en Nueva Granada (1789-1797), foi presidente do Consello de Castela e capitán xeneral de Catalunya en 1808. Trala Guerra da Independencia foi nomeado capitán xeneral de Navarra (1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor venezolano. A súa narrativa inclúese no realismo máxico. Das súas obras destacan Valle hondo (1934), A orillas del sueño (Premio Nacional de Literatura, 1960), La dolida infancia de Perucho González (1966) e La dura tierra (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo xudeu. De orixe española, das súas obras destacan a compilación relixioso satírica do Séfer ha-měbaqqeš (Libro do escudriñador da verdade), Séfer ha-Nefes (Libro da alma) e Iggéret ha-musar (Epístola moral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou o pintado e dourado do baldaquino do altar maior do mosteiro de Santa María de Oseira (1690).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante inglés. Cultivou a paisaxe e escribiu Diary (Diario, 1793-1821), obra que permite o coñecemento do mundo artístico londinense. Foi membro da Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo francés. Traballou no Observatoire de Paris e distinguiuse polos traballos sobre análise, especialmente sobre a teoría de funcións, e polas investigacións en astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como María de Felipe, licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (1980) e en Belas Artes, na especialidade de pintura, en Barcelona (1985). A súa obra caracterizouse pola pincelada solta e polo protagonismo da pintura, deixando o motivo do lenzo nun segundo plano. Colaborou como ilustradora na revista Festa da palabra silenciada (1987) e no libro Palabra de muller (1992). Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1982) e na II Bienal de Artistas Galegas (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e dramaturgo. Destacou como escritor de comedias e dramas de costumes de ton rexionalista que gozaron de considerable éxito como María del Carmen (1896) ou La Dolores (1892), que sería representada na Coruña en diferentes momentos, nalgunha ocasión por agrupacións dramáticas locais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Membro dunha familia de artesáns e artistas, formouse na Acadèmia de Belles Arts de València, onde rematou os estudios no curso 1871-1872. Co lenzo El Cardenal Adriano, obispo de Utrech, recibiendo a los jefes de las germanías en el palacio de los Vilaragut (1872) recibiu unha bolsa da deputación provincial para ir estudar a Roma, onde permaneceu ata abril de 1875. Durante os dez anos seguintes, a súa vida transcorreu en París, onde aprendeu a técnica do fotogravado, e Madrid, onde abriu un obradoiro. En 1887 visitou Santiago de Compostela, onde coñeceu a súa futura muller, Consuelo Velón González-Pardo. Instalouse definitivamente na cidade e dedicouse á docencia, foi profesor na Escola Elemental de Artes e Industrias, e retratou a sociedade compostelá do cambio de século. Relacionouse con Alfredo Brañas e Xoaquín Díaz de Rábago. As súas primeiras obras están enmarcadas no programa artístico educativo da Ilustración. Durante a súa estancia en Roma, a súa visión artística experimentou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e investigador. Licenciado en Filoloxía Románica, desde 1986 é profesor de lingüistica románica e occitana na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu artigos relacionados coas interferencias lingüísticas e o plurilingüismo medieval, estudios de literatura románica medieval, artigos de crítica textual e filoloxía humanística. Colaborou en diversos proxectos de investigación, como “Los animales en la lírica amorosa románica en la Edad Media” (1990-1992) ou “El vocabulario bélico en la lírica amorosa románica de la Edad Media” (1992-1994). Participou no Dicionário de Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993). É membro da Société de Linguistique Romane, da Association Internationale d’Études Occitanes e da Asociación Hispánica de Literatura Medieval.
VER O DETALLE DO TERMO