"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

      1. Que ou quen ten o fociño grande ou sobresaínte.

      2. Que ou quen ten os beizos moi grosos.

    1. Que pon mala cara por estar enfadado.

    2. Que é irritable ou está sempre de mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (858-867 e 878-886). Sucedeu o Patriarca Ignacio trala súa deposición, pero non recibiu a confirmación do Papa Nicolao I, que o excomungou (863). Defendeu a autonomía do patriarcado e enfrontouse co papado pola cuestión do filioque e pola primacía entre os búlgaros. Deposto polo Emperador Basilio I (867), que restaurou o Patriarca Ignacio, trala morte do patriarca foi restituído no cargo co apoio do Papa Xoán VIII. Trala chegada ao trono do Emperador León VI, foi deposto e exiliado. Entre outras obras escribiu: Myrobiblion, un resumo de 279 obras de diversos autores. Os ortodoxos venérano como santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estratego e político. Discípulo de Platón, representou a aristrocracia e foi nomeado estratego corenta e cinco veces. Opúxose ao nacionalismo expansivo de Demóstenes e liderou xunto con Esquines o partido promacedonio. Tralo restablecemento da democracia en Atenas, foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo complementario da Comunidade Económica Europea dedicado a proxectos que contribúan a acadar os obxectivos fixados no Tratado da Unión Europea, nos sectores de medio ambiente e das redes transeuropeas de infraestruturas de transporte e nos estados membros cun produto nacional bruto inferior ao 90% da media comunitaria. O seu fin é fomentar a cohesión económica e social e a solidariedade entre os estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que ten por obxecto aumentar e mellorar as oportunidades de emprego e a mobilidade profesional e xeográfica dos traballadores. Instaurouse tres anos despois do Tratado de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto que descubriu e estudiou R. P. Linstead en 1933, de fórmula relacionada coa de pigmentos naturais tan importantes como a clorofila e a hemoglobina.

    2. Calquera dos derivados metálicos da ftalocianina (co ión metálico unido por enlace electrovalente ou por enlaces covalentes cos catro átomos de N pirrólico, formando complexos moi estables) ou dos seus derivados substituídos nos aneis bencénicos. Entre estes derivados existen pigmentos e colorantes excelentes, de cores de gran viveza, intensidade e estabilidade. O máis importante é a ftalocianina cúprica, que é un pigmento de cor azul brillante. Os derivados haloxenados son pigmentos verdes, tamén moi importantes. Algúns ácidos sulfónicos que derivan destas ftalocianinas empréganse tamén como colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada no verán de 1992 en Santiago de Compostela. Editada por Alveiro SL, estaba dirixida por Antón Rozas Caeiro. Todos os seus artigos estaban escritos en castelán e ían acompañados da súa correspondente tradución ao inglés. Incluíu información sobre a arte e a arquitectura de Galicia, referencias a museos e pintores, ademais de datos sobre gastronomía e actividades de ocio en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia católica editado en Vigo a partir do 10 de xaneiro de 1919. Cesou probablemente o 3 de febreiro de 1968 (nº 2.636). Subtitulouse “Publicación semanal. Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy”. Dirixírona F. Castro Ferrer, ata 1922, e Victoriano Ballesteros. Ademais dos contidos relixiosos, promocionou o turismo en Galicia e ofreceu información deportiva. Dende agosto de 1936 apoiou o réxime franquista. No apartado literario, cómpre salientar algunhas poesías relixiosas e contos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia conservadora editada en Mondoñedo a partir de xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual. De la Unión Regional de Federaciones de Sindicatos Agrícolas”. Dirixiuna Antonio Maseda Bouso. Incluíu información referida á agricultura, sobre todo coñecementos útiles e aspectos técnicos, e datos sobre o traballo desenvolvido polas federacións adscritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter político editada a partir de xuño de 1969. Subtitulouse “Voceiro do Partido Socialista Galego”. En 1976 comezou unha segunda época, na que tivo dúas etapas diferenciadas; a primeira, na clandestinidade, vai ata maio de 1977 (nº 7), e a segunda dende xuño de 1977, que coincidiu coa legalización do partido. Ademais de información política e de actualidade, incluíu temas culturais e técnicos. Realizou as súas reivindicacións dende unha óptica socialista e nacionalista. Nalgúns dos seus números fíxose eco da polémica que suscitou a inclusión do partido no PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos axentes físicos ou químicos que destrúen os gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células das que se orixinan os gametos grazas ao proceso da gametoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gobiesócidos.

    2. Peixe da familia dos gobiesócidos.

    3. Familia de peixes teleósteos á que pertencen os peixes lapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sexual inmadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se produce por unha infección de gonococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á gonococia ou aos gonococos.

    VER O DETALLE DO TERMO