"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Calidade de displicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa falta de interese, entusiasmo ou afecto.

    2. Que se caracteriza polo seu mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Naceu no seo dunha familia de cantantes de zarzuela e aos nove anos trasladouse coa súa familia a México. Alí comezou a súa formación musical, fundamentalmente adquirida no teatro cos seus pais e no Conservatorio de México, ao que acudía esporadicamente. Comezou a cantar como barítono ao debutar na zarzuela Gigantes y Cabezudos (1957), de Manuel Fernández Caballero, e aos dezaoito anos na Ópera Nacional de México como tenor co papel secundario de Matteo Borsa de Rigoletto de Verdi. O seu primeiro papel importante como tenor foi o de Alfredo de La traviata (1961) e ese mesmo ano debutou xunto a Lily Pons en Dallas co papel de Arturo de Lucia di Lammermoor. Posteriormente trasladouse a Tel Aviv onde adquiriu experiencia teatral en máis de trescentas representacións e, a partir de 1965, traballou nos principais teatros e festivais europeos e americanos (París, Viena, Berlín, Chicago, Milán, Barcelona, Washington, Salzburgo, Nova York, etc). Debutou no Metropolitan de Nova York...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferencia entre a lonxitude de onda emitida e a lonxitude de onda percibida polo observador, causada polo movemento relativo entre fonte e observador, dada unha fonte que emite unha onda (sonora, electromagnética ou doutro tipo). Descubriuno J. C. Doppler en 1842 e, de forma independente, A. H. L. Fizeau en 1848, polo que tamén se coñece como efecto Doppler-Fizeau. No caso do son, o efecto tradúcese no aumento do ton cara aos agudos ao aproximarse a fonte ao observador, e na diminución cara aos graves ao afastarse. No caso da luz, o movemento de aproximación entre a fonte luminosa e o receptor produce un desprazamento das raias do espectro cara ao violeta, mentres que un afastamento da fonte provoca un desprazamento cara ao vermello. A escala atómica, o efecto Doppler é a causa do ensanchamento das raias espectrais, coñecido como ensanchamento Doppler, orixinado pola axitación térmica. Emprégase en astronomía no estudo dos movementos das estrelas e en diagnose médica para avaliar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático austríaco. Foi profesor de física e matemáticas nas escolas técnicas de Praga e Chemnitz, e profesor de física experimental na Universidade de Viena. No seu traballo Über das farbige Licht der Doppelsterne (Sobre a coloración da luz das estrelas dobres, 1842) incluíu o fundamento teórico do efecto que leva o seu nome. En 1848 descubriu o efecto de perturbación que nas ondas sonoras e lumínicas produce a rotación do medio de propagación. Tamén inventou varios aparatos de medición, como o diastimómetro óptico e a sirena para a determinación das presións dos vapores ou do aire comprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, novelista e dramaturgo. Coñecido como Lord Dunsany, foi famoso polas súas propostas fantásticas e oníricas, entre as que destacan The Glittering Gate (A porta relucente, 1909), King Argimenes (O Rei Arxímenes, 1911) ou If (Se, 1921). En 1937 publicou o libro de memorias My Ireland, no que lembra a súa relación co Abbey Theatre e a súa visión particular da nación irlandesa. En 1980 a revista Grial, no número 67, publicou a peza A sentenza dourada, en versión galega de Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disco de vinilo exclusivo para os discjockeys que non sae á venda, motivo polo que é moi buscado polos coleccionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é doce veces maior.

    2. Cantidade igual a doce veces outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza defensiva de carácter secreto asinada o 7 de outubro de 1879 entre Alemaña e Austria, dirixida contra Rusia e, eventualmente, contra Francia. Ata 1914 constituíu o eixe da política alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador colonial. Colonizador da India (1720-1754), en 1742 foi nomeado administrador xeral da Compañía de Indias. Durante a Guerra de Sucesión de Austria arrebatoulles Madrás aos ingleses (1746). Regresou a Francia en 1754 e todas as súas adquisicións se perderon na Guerra dos Sete Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alphonsine Plessis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado canadense. Foi xefe do Partido Conservador da provincia de Québec (1933-1935) e fundou a Union Nationale, partido co que foi primeiro ministro do goberno da provincia (1936-1939 e 1944-1959). Defendeu unha actitude autonomista fronte ao goberno de Ottawa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Realizou gravados sobre feitos acontecidos durante a Revolución Francesa. Destaca, entre outros, A execución de Luís XVI. Realizou tamén ilustracións para libros de viaxes por Italia, Grecia e Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe de Mornay.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que constan de dous elementos que desempeñan unha dobre función.

      2. Aplícase á vivenda que consta de dous niveis, que se comunican por unha escaleira interior, un para a zona de día, co comedor, a cociña e o vestíbulo, e outro para dormitorios. Intégranse con outras unidades similares nun bloque ou edificio. Foi unha creación dos arquitectos racionalistas (Le Corbusier, J. L. Sert).

      3. Aplícase ao sistema de comunicación que consiste na transmisión e na recepción de información simultánea a través dunha soa canle.

    1. Conxunto de placas tectónicas superpostas, contidas entre dous planos de encabalgamento.

    2. Procedemento de coada que permite obter un lingote dobre en que as dúas partes non teñen a mesma composición. Primeiro, hai que facer unha coada nunha lingoteira especial, despois, cando xa se solidificou, cóase, en contacto co primeiro lingote, a segunda composición. O produto que se obtén lamínase e cóase coma un lingote ordinario.

    3. Procedemento que consiste en fundir un metal nun forno e despois pasalo a outro, onde se afina e se lle engaden as adicións de complemento ou de corrección. Permite aproveitar as calidades dos dous tipos de forno utilizados. Nas fábricas de aceiro é frecuente a asociación dun convertedor Bessemer e un forno Siemens-Martin. Tamén se utiliza a combinación dun convertedor Thomas e un forno eléctrico acedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo empregado en radar co fin de poder usar a mesma antena para a emisión e a recepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trámite de resposta en que o demandado contesta a réplica do demandante. Ten por obxectivo fixar, de maneira concreta e definitiva, os puntos que son obxecto de debate xudicial. Nela poden modificarse os feitos, os fundamentos de dereito que se consignaran na contestación da demanda, as pretensións e as excepcións formuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de duplicar ou duplicarse.

    2. Aberración cromosómica, que consiste na repetición dun segmento cromosómico unha vez ou máis, que se produce como resultado dun entrecruzamento desigual durante a meiose. É un fenómeno corrente e ten un papel importante como mecanismo evolutivo. Nalgúns casos, os xenes duplicados codifican proteínas que conservan funcións similares, mentres que noutros evolucionan en distintas direccións funcionais.

    3. Figura estilística que consiste na reiteración de morfemas ou frases mediante xustaposición. Por exemplo, a repetición dun imperativo reafirma a firmeza dunha decisión e a duplicación dun adxectivo implica valor de superlativo. Na narrativa, refírese á repetición de accións.

    4. Número total de persoas que forman parte da audiencia dos medios ou soportes de comunicación ao mesmo tempo. Avalía a porcentaxe de individuos que están expostos a varias mensaxes publicitarias.

    5. Problema proposto polos matemáticos gregos do s VI a C que consistía en construír, con regra e compás, o lado dun cubo C a partir do lado dun cubo dado C’, de tal xeito que o volume de C fose o dobre do de C’. En 1837 Pierre Laurent Wantzel demostrou que este problema non ten solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa e, máis especialmente, á máquina ou aparato que se utiliza para duplicar.

    2. de duplicar ou duplicarse.

    3. Aplícase ao selo de correos que o filatelista destina ao troco, pois xa posúe outros da mesma emisión na súa colección.

    4. Segundo exemplar ou copia, igual ao primeiro, que se fai dun documento, como unha acta, contrato ou recibo, ou doutra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO