"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • Sopro forte e breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado. Licenciado en Dereito, foi profesor universitario e fiscal. En 1999 foi elixido presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cargo que renovou en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, co tronco longo e esvelto recuberto por unha pelame de cor castaña. Vive en zonas de estepa árida e bosque claro de África, desde o cabo de Boa Esperanza ata o Zambeze. OBS: Tamén se denomina antílope saltador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor alemás. Fundou o grupo editorial Axel Springer Verlag AG (1945), con diversas filiais, dedicado tamén á publicación de diarios e revistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Illinois, EE UU (111.454 h [2000]). É o centro dunha rexión agrícola, gandeira e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, situada na ribeira do río Connecticut (152.082 h [2000]). Ten industrias metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Missouri, EE UU (151.580 h [2000]). Posúe industrias alimentarias, químicas e metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana (700.906 h [1991]). Situada ao L de Johannesburgo, posúe minas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bruce Frederik Joseph Springsteen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista sobre o mundo do motor publicada en Teo a partir de 1996. Dirixida por Xurxo Sobrino, está redactada exclusivamente en galego. Cunha periodicidade mensual, distribuíuse de balde por toda a comarca de Santiago cunha tirada de 7.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento de velocidade que realiza un corredor, especialmente ao final da carreira.

    2. Esforzo final que se realiza nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Christopher Caudwell, desde 1931 conseguiu recoñecemento como autor de novelas policiais e de narracións ambientadas no mundo da aviación. Nos seus poemas obsérvase a influencia de T. S. Eliot. Escribiu The Perfect Alibi (1934), This my Hand (1936), Illusion and Reality (1937), Studies in a Dying Culture (1938) e Poems (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei sobre os fluídos viscosos, enunciada por Stokes en 1845, que afirma que cando unha esfera de raio r se atopa en movemento relativo de velocidade v no seo dun fluído de viscosidade dinámica ç, aparece sobre ela unha forza que se opón ao movemento, que vale G = 6·ð·ç·r·v (fórmula de Stokes). OBS: Tamén se denomina ecuación de Stokes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser suprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de existir ou de ser efectivo.

    2. Omitir ou impedir que apareza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Quinto rei de Roma (616? a C - 579 a C), fillo de Damarato de Corinto e dunha muller etrusca. Foi a Roma e cambiou o seu nome orixinario Lucumon polo de Tarquinio. Sucedeu ao Rei Anco Marcio á súa morte e fíxose chamar rei do pobo. Venceu os latinos, os sabinos e os etruscos e distinguiuse como bo reformador. Emprendeu grandes obras públicas, como o secado do foro por medio da Cloaca Máxima, ou a construción do Circo Máximo. Foi asasinado por mandato dos fillos de Anco Marcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Ourense. Construído entre 1837 e 1839 por Santiago Sáenz Martínez, nun estilo entre o barroco e o romanticismo. Experimentou varias remodelacións e ampliacións, como a instalación dun cine en 1915. A piques de ser derrubado en 1975, unha campaña de sensibilización logrou que se restaurase e reabrise na década de 1990. A fachada principal organízase con tres corpos: baixo, principal con dous pisos e superior, rematados por unha cornixa; e caracterízase pola sobriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Santiago de Compostela. Construído entre 1840 e 1841, destaca a fachada de cantaría, en estilo neoclasicista tardío. Conta cun baixo de soportal, aberto con cinco vans: tres arquitrabados e dous rematados en arco de medio punto rebaixados, sobre os que se alzan dúas alturas, case ausentes de decoración ao exterior. O piso principal, de maior altura, organízase en cinco vans arquitrabados e o superior, amodo de ático, conta con cinco ventás cadradas, separadas por resaltes circulares de pedra. Sufriu varias reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO