"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Xénero de bacterias Gram-negativas, da familia das pseudomonadáceas, con forma de bacilo curto, móbiles por flaxelación polar e non forman esporas. Forman parte das especies patóxenas para os animais e para o home. Son bacterias oxidativas e mineralizantes non fotosintetizadoras e, en xeral, moi resistentes ao tratamento quimioterápico e aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade segundo a que un mineral foi substituído por outro, pero conservando a forma externa deste último, e que tivo lugar dunha maneira lenta e continua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral con pseudomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pseudomorfismo.

    2. Transformación que ten lugar nun mineral pseudomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ficticio utilizado por un autor ou un artista para ocultar a súa verdadeira identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise falsa consistente nunha debilidade aparente do poder muscular debida a unha coordinación defectuosa dos movementos ou a unha defensa causada pola dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso tecido de tipo plectenquimático formado por células redondeadas ou poliédricas concrescentes. Está ben desenvolvido nos esclerocios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatose caracterizada pola formación de manchas cicatrizais nas que a destrución dos cabelos é definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao edificio, en especial ao templo, que ten unha ringleira de semicolumnas arrimadas directamente ás paredes laterais e á posterior da cela. Esta forma, derivada do templo grego, é tipicamente romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de implantación do embrión no aparato reprodutor feminino na que unha parte do oviduto se transforma nunha especie de útero, establecendose unha asociación íntima entre o saco vitelino do embrión e o revestimento do útero, sen que chegue a constituírse unha verdadeira placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal con pseudoplacentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación protoplasmática temporal da célula, acompañada de correntes de fluxo de protoplasma, que lle permite trasladarse (órgano locomotor) e atrapar o alimento (fagocitose).

    2. Prolongación do eixe caulinar das briófitas que sostén o esporanxio.

    3. Pata falsa das larvas dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos odontocetos, da familia dos delfínidos, que miden entre 5-6 m (cos machos máis grandes ca as femias), de cor negra cunha mancha gris no ventre,. Aliméntanse de peixes e cefalópodos, e son animais gregarios, de costumes sociais. Existe unha única especie, P. crassidens, de distribución tropical, subtropical e de augas temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade vírica descuberta en 1902 polo bacteriólogo húngaro A. Aujeszky (1869-1933), que causa trastornos respiratorios e no sistema nervioso dos porcos. Tamén pode afectar a bovinos, ovinos, cans e gatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estereoscopio no que a posición do relevo esta invertida, é dicir, que se ve baleiro o que está en relevo, e viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pseudosuquios.

    2. Réptil da suborde dos pseudosuquios.

    3. Suborde de réptiles tecodontes que apareceu no Triásico. Eran carnívoros, de medidas pequenas, con extremidades posteriores bastante máis longas ca as anteriores, coas que eran capaces de correr. Pode que algunha das súas especies dese orixe a unha liña evolutiva que estaría entre os antepasados das aves, dos crocodilos e dos réptiles voadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude definida por un conxunto de elementos tal que se comporta como un tensor nas transformacións entre sistemas de eixes que teñen a mesma orde de axialidade, pero os elementos cambian de signo ao pasaren a un sistema en que a orde dos eixes é diferente da inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das pináceas, ao que pertence o abeto de Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudotensor de primeira orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Socialista Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO