Pseudorca
Pseudorca
[ANIMAL]
Xénero de cetáceos odontocetos, da familia dos delfínidos, que miden entre 5-6 m (cos machos máis grandes ca as femias), de cor negra cunha mancha gris no ventre,. Aliméntanse de peixes e cefalópodos, e son animais gregarios, de costumes sociais. Existe unha única especie, P. crassidens, de distribución tropical, subtropical e de augas temperadas.