"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
-
Que é de gran calidade.
-
Que é moi fino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está fóra da flor.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Konstantin A. Korovin, recibiu a influencia do impresionismo e da obra de Cézanne. Foi un dos fundadores da asociación artística Sota de Diamantes e profesor na Escola de Belas Artes de Moscova. Cultivou unha paisaxe situada a medio camiño entre o fauvismo e o cubismo, entre outras destaca Sol en Crimea (1916), e o retrato. Atacado como decadente polo réxime soviético, rehabilitárono, xa morto, en 1966, cunha exposición antolóxica en Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista e xornalista. Coñecido co alcume de Alejandro Silvetti, emigrou a Arxentina en 1905, onde traballou en Bos Aires como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense (1909), foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao Brasil. En São Paulo colaborou no xornal anarquista La Bataglia. En 1911 trasladouse a Montevideo, onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal Aurora. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal Solidaridad, así como doutras publicacións como Crónicas Subversivas e El Anarquista. Desde 1915 residiu en Rio de Janeiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais Na Barricada e La Protesta e participou na fundación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tipógrafo e dirixente obreiro. Foi uns dos creadores da Dirección Central das Sociedades Obreiras (outubro de 1868) e o principal animador, a partir de 1869, do Centro Federal de Sociedades Obreiras de Barcelona (1869). Ao principio estivo moi ligado ao republicanismo federal, pero posteriormente converteuse nun dos máis destacados anarquistas de Catalunya. Foi membro da Alianza da Democracia Socialista (1869), secretario da sección barcelonesa da I Internacional e director do xornal La Federación, de Barcelona. Participou nos congresos obreiros de Barcelona (1870), Córdoba (1872) e na Internacional da Haia (setembro de 1872). Formou parte dun consello federal clandestino da Federación Rexional Española da Asociación Internacional do Traballo (AIT) e participou na fundación da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rafael Antonio Salazar Motos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra, en forma de banda ampla, a forza necesaria para accionar as pas dunha amasadora que xira a unha velocidade constante a través dunha masa compacta de fariña e auga, dunha consistencia inicial fixa. O rexistro gráfico que se obtén é o farinograma.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu a docencia e publicou a novela Loita (1927) na colección Lar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e actor. Emigrou a Madrid e contactou cos círculos anarcosindicalistas. Compaxinou os seus variados oficios coa actividade poética e relacionouse con membros da Xeración do 27, entre eles Federico García Lorca. Cando comezou a revolta militar do 36, Ferro estaba na Coruña formando parte do proxecto de creación dunha “Compañía de Ballet Galego”. Durante o cerco de Madrid, conseguiu pasar ao bando republicano e foi destinado como tenente a Barcelona, onde colaborou na revista Nova Galiza. En 1938 entrou en contacto coa Subsecretaría de Propaganda do goberno republicano. Asumiu a produción de España 1936 e estaba a preparar un filme baseado na novela de André Malraux, L’Espoir. O filme Sierra de Teruel foi estreado en París en 1939, pero non se puido ver en España ata 1977. Rematada a Guerra Civil, Serafín Ferro foi internado nun campo de concentración francés e pasou os seus últimos anos no exilio mexicano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destaca Mar do cerne (1987), Son media ducia e parecen cen (1991) e As flores do meu amigo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relación de filmes dun actor, director, produtor, tema ou época determinados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á filmografía.
-
-
Ciencia que trata do relevo nun país ou nunha rexión determinada. Estudia o relevo e define as formas actuais, sen investigar as razóns que poidan explicar a xénese ou a evolución futura. Nun sentido máis amplo, a fisiografía pode referirse a outros aspectos da xeografía física.
-
Descrición da natureza ou dos fenómenos naturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fisiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudioso de fisiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que ten por obxecto a descrición das plantas. Denomínase tamén botánica descritiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que estudia a paisaxe vexetal, entendida esta como o conxunto de comunidades veciñas relacionadas espacial e temporalmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fitotopografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioxeografía que estudia a distribución territorial dos vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en fitoxeografía.