"RIM" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 390.
-
VER O DETALLE DO TERMO
erso, da métrica clásica, formado por tres pés métricos. O máis empregado foi o trímetro iámbico, e menos frecuentemente, o trímetro trocaico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, tres ordenacións distintas que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta trimorfismo.
-
-
Que ten tres motores.
-
Avión que vai provisto de tres motores, dispostos xeralmente dous nas ás e un no morro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado á tríade formada por Brahmā, Vixnu e Xiva, considerados polo hinduísmo como un triplo aspecto da divindade, que é á vez creadora, conservadora e destrutora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomes que reciben os dous instrumentos cos que os sacerdotes hebreos transmitían o oráculo de Iavé, no Antigo Testamento. Probablemente eran pedras ou croios da mesma forma e cor diferente, que significaban, unha si e a outra, non.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que mide a potencia aparente dunha corrente alterna.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Joanne Woodward, destacou como intérprete dramática. Da súa filmografía sobresaen The Three Faces of Eva (1956, Oscar á mellor actriz en 1957), Rachel, Rachel (1968), Harry and Son (1983), Mr. and Mrs. Bridge (1990) ou Breathing Lessons (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico. Membro do sanedrín de Xerusalén e discípulo de Xesús, tras a morte do seu mestre solicitou o seu corpo a Pilato para sepultalo no seu propio sepulcro. Leva o seu nome un dos textos apócrifos sobre a paixón e a resurrección de Xesús máis lidos durante a Idade Media. A tradición artúrica di que recolleu o sangue de Xesús Cristo nun cáliz, o santo Graal, no Libro de Xosé de Arimatea pertencente ao ciclo da Post-Vulgata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Abd el-Krim (Ajdir, Al-Hoceima, Rif 1882 - O Cairo 1963) Caíde da Cabila dos Beni Uryagel e Cadí (gobernador) de Melilla, ao servizo do Goberno Español ata 1921, cando agrupou varias tribos baixo o seu mando e organizou a insurrección contra os poderes coloniais predicando unha guerra santa. Logo da súa vitoria en Annual contra as tropas españolas comandadas polo Xeneral Silvestre (xullo 1921) e a captura do seu rival Raysūlī (1925) converteuse no líder da insurrección de Marrocos. No ano 1925 atacou o territorio francés tentando tomar Fez, o que provocou que os gobernos de España e Francia respondesen conxuntamente co Desembarco de Alhucemas (febreiro 1926), ofensiva que provocou a rendición sen condicións de ‘Abd al-Karīm (maio 1926) que se entregou aos franceses, sendo deportado á illa Reunión ata o 1947, cando se lle permitiu volver a Francia; fuxido durante a viaxe, pediu asilo ao Rei Faruk de Exipto, proseguindo dende O Cairo a loita antifrancesa...