"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
PERSOEIRO
Historiador francés. A súa contribución, próxima ao marxismo, é unha das máis influíntes na historiografía francesa do s XX. Centrouse nos aspectos económicos xerais do período revolucionario. Das súas publicacións destacan Esquisse du mouvemennt des prix et des revenus en France au XVIIIe siècle (1953) e La crise de l’economie française a la fin de l’Ancien Régime e au début de la Révolution (1944). Xunto con F. Braudel codirixiu a Histoire économique et sociale de la France (1970-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase aos insectos provistos de antenas laminais.
-
-
Relativo ou pertencente aos lamelicórneos.
-
Insecto do grupo dos lamelicórneos.
-
Grupo de insectos, da orde dos coleópteros, que presenta prolongacións laminares no extremo das antenas.
-
-
-
-
Persoa que se dedica á elaboración e venda de lanternas.
-
Persoa que se ocupa de limpar, acender e apagar lanternas ou do mantemento da iluminacion pública.
-
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte (340 km2; 31.000 h [estim 2000]). A capital é Larne (17.575 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Distinguiuse polos seus coñecementos de física nuclear, física biolóxica e física médica. Tivo un papel importante na fabricación da bomba atómica. Foi un dos inventores do ciclotrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Estudiou en París cos mestres Jules Massenet, Camille Saint-Saëns e F. M.A. Gobinet de Villecholes. Compuxo música de cámara, sinfónica e óperas. Da súa produción destaca a ópera La catalane.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi animador do movemento da filosofía do espírito e un dos introdutores da caracteroloxía en Francia. Escribiu Obstacle et valeur (1934), Traité de morale générale (1942) e Traité de caractérologie (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista moldavo. Nacionalizado estadounidense, na década de 1930 colaborou con Keynes na Universidade de Cambridge. Participou na fundación e foi coeditor da Review of Economic Studies (1933) e exerceu a docencia en diversas universidades norteamericanas. Escribiu The Economics of Control, Economics of Employement (1951) e Essays in Economic Analysis (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Reflectiu sobre todo a vida militar e a da alta burguesía do seu país cunha técnica moi coidada. Destacan os contos Der Herr von Paris (O cabaleiro de París, 1936) e Der Baron Bagge (O barón Bagge, 1936), e a novela Mars im Widder (Marte en Aries, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista romanés. Da súa obra destacan Ochiul dracului (O ollo do diaño, 1956), Vîrsta de aur (Idade de ouro, 1958), Viaţa particularâ a lui Constant Hagiu (A vida particular de Constant Hagiu, 1967) e Plîngerea lui Dracula (A queixa de Drácula, 1977), ademais da obra de teatro Femeia fericit "Times New ǎ (A muller feliz, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Northumbria, Inglaterra. Foi un importante centro cultural e relixioso, cunha importante escola de copistas na que se crearon formas propias de filigrana, animais e plantas, entre as que destaca Evanxeliario de Lindisfarne. No s X a comunidade trasladouse a Durham.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Profesor nas universidades de Barcelona, Madrid e València, foi deputado polo Partit des Socialistes de Catalunya-PSOE (PSC-PSOE) en 1975, 1979 e 1982. Ministro de Sanidade e Consumo (1982-1986), posteriormente mantivo o seu posto de deputado. Rector da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander (1989-1995), morreu víctima dun atentado de ETA. Das súas publicacións destacan El pensament econòmic a Catalunya (1760-1840) (1973) e Economía crítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cerambícido.
-
PERSOEIRO
Zoólogo irlandés. Foi un dos primeiros expoñentes das teorías revolucionarias do neolamarckismo. Fixo importantes traballos sobre embrioloxía, especialmente dos invertebrados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista francés. Na súa obra Traité de cristallographie géométrique et physique formulou unha teoría orixinal para explicar as propiedades ópticas dos cristais. Recibiu a Légion d’Honneur (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. A súa obra representou a achega máis importante ao marxismo de tendencia trotskista. Escribiu, entre outras, Traité d’économie marxiste (1962) e Der Spätkapitalismus (O capitalismo tardío, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Francia, afluente do Sena pola dereita. Nace na meseta de Langres, atravesa o L da conca de París formando numerosos meandros, e durante un breve traxecto, a comarca de Champagne. Pasa por Vitry-le-François, Champigny-sur-Marne e Épernay. Desemboca, tras un percorrido de 525 km, no Sena, na área suburbana oriental de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Champagne-Ardenas, situado en Francia (8.162 km2; 565.229 h [1999]). A capital é Châlons-sur-Marne.
VER O DETALLE DO TERMO