Marne

Marne

Río de Francia, afluente do Sena pola dereita. Nace na meseta de Langres, atravesa o L da conca de París formando numerosos meandros, e durante un breve traxecto, a comarca de Champagne. Pasa por Vitry-le-François, Champigny-sur-Marne e Épernay. Desemboca, tras un percorrido de 525 km, no Sena, na área suburbana oriental de París.