"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos ornitomímidos, de ata 3,5 m de lonxitude. Presentaba as extremidades inferiores moi longas e esveltas, co cerebro e os ollos de gran tamaño. Eran animais veloces e intelixentes, que cazaban na penumbra dos densos bosques da actual Norteamérica, a finais do Cretáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
drom(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia patolóxica a fuxir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que designa unha ruta de comunicación ou transporte por terra, mar ou aire.
-
-
Pista que na antiga Grecia se destinaba ás carreiras.
-
Corredor ou avenida que dá acceso a diversos monumentos antigos. No antigo Exipto, constituíu unha avenida flanqueada por esfinxes que precedía aos pilonos dun templo servía de acceso ás vivendas mesopotámicas, cretenses e minoicas. Precedía á cella funeraria nos thóloi prehelénicos e noutros monumentos funerarios.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou con F. Durante en Nápoles e foi mestre de capela da corte de Parma. Compuxo numerosas óperas serias e chegou a ser un dos principais autores de opéra comique.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato utilizado para facer os ensaios de dureza dos materiais segundo unha escala determinada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor óseo benigno que se orixina a partir de tecido cartilaxinoso e que afecta, polo xeral, aos ósos longos da man e do pé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Malformación conxénita caracterizada pola falta ou polo desenvolvemento defectuoso dunha ou máis extremidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía cromosómica que se caracteriza pola presenza dun cromosoma supernumerario agregado á parella 18 en todas as células somáticas. A causa desta trisomía é posiblemente unha non-disxunción. Presenta un cadro moi amplo con hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, micrognatia, rixidez articular, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, pés de arco plantar escaso e talóns saíntes e, sobre todo, mans en actitude típica, en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular; a miúdo tamén presenta malformacións cardíacas, pulmonares e renais. A súa incidencia sitúase nun caso por cada 11.000 nacidos vivos (80% mulleres). A supervivencia media é de 2 a 4 meses e o 90% morre antes de cumprir o ano de vida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento cromoxénico inventado por George Eastman entre os anos 1943 e 1946. Trátase dunha emulsión que se aplicaba a unha imaxe positiva, obtida a partir dun revelado en branco e negro. Tralo paso do revelador cromoxénico, dábase un baño de branqueo que facía desaparecer a imaxe negra e fixábase finalmente a fotografía definitiva. Despois dun proceso de dezaoito fases cos seus lavados e dun control de tempo e temperatura, producíanse os tons desexados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación da elasticidade de vapores e gases.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para medir a presión ou elasticidade dos vapores ou das mesturas gasosas utilizados nos motores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.
-
-
Relativo ou pertencente ao electromagnetismo.
-
Que se produce por electromagnetismo.
-
-
-
Magnetismo producido por unha corrente eléctrica.
-
Parte da electricidade que estudia conxuntamente os fenómenos eléctricos e magnéticos, unificándoos nunha síntese teórica única. Historicamente, os resultados experimentais básicos conseguiunos cara ao 1820 H. C. Ørsted e A. M. Ampère, que descubriron os efectos magnéticos da corrente eléctrica e puxeron de manifesto a íntima relación existente entre os dous conxuntos de fenómenos. O efecto contrario, é dicir, a produción de corrente eléctrica a partir do magnetismo, coñecido como indución electromagnética, foi descuberto por M. Faraday no ano 1831. J. C. Maxwell conseguiu a síntese teórica de todo este labor experimental e resumiu o comportamento das accións electromagnéticas en catro ecuacións, coñecidas como ecuacións de Maxwell. O campo electromagnético componse de dúas entidades físicas, o campo electrostático E e o campo de indución magnética B . En cada punto do espacio están definidos os dous vectores E e B...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que consiste na aplicación de electricidade á mecánica.
-
-
Relativo ou pertencente á electromecánica.
-
Aplícase aos aparellos ou dispositivos de manobra ou de regulación, constituídos por un conxunto de pezas mecánicas que funcionan por medio de elementos eléctricos.
-
Persoa que se dedica profesionalmente á electromecánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación de instrumentos e procesos eléctricos á medicina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electromedicina.